Actualidade

Avisos

TRANSPORTE PÚBLICO: VITRASA IMPLANTA UN SERVIZO DE CITA PREVIA TELEFÓNICA PARA XESTIONAR A TARXETA PASSVIGO

Temática: Transporte

Data de publicación: 12-03-2020

A partir do vindeiro luns 16 de marzo, todos aqueles usuarios que desexen realizar xestións presenciais da Tarxeta PassVigo deberán solicitar unha cita previa mediante chamada telefónica no teléfono 986 919 299. Recolleranse as solicitudes, axendando as peticións e adaptándose, na medida do posible, ás necesidades do usuario na franxa horaria de atención ao público de 08.00 a 14.00 horas.

Asignaranse períodos de 10 minutos aproximadamente por usuario tanto na oficina ubicada no Concello de Vigo como nas instalacións centrais de Vitrasa.

Naquelas xestións que poidan ser solventadas a través da atención telefónica ou vía web facilitaranse as instrucións oportunas para darlle solución por esta vía e evitando así os desprazamentos.

O obxectivo desta medida é evitar as xestións presenciais como medida preventiva ante o coronavirus.

 


 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100