Actualidade

Avisos

TRANSPORTE PÚBLICO: CAMBIOS DE LIÑAS CON MOTIVO DA CONSTRUCIÓN DO TÚNEL DE PORTA DO SOL

Temática: Transporte

Data de publicación: 06-03-2020

A partir do vindeiro luns 9 de marzo, Vitrasa realizará unha adecuación de liñas con motivo do corte de tráfico para a construción do túnel no tramo comprendido entre Paseo de Alfonso e Policarpo Sanz. En total, veranse afectadas 17 liñas que realizarán desvíos alternativos e para o que será preciso habiIitar novos puntos de subida e baixada de viaxeiros. En concreto, durante o tramo do corte de tráfico anularanse un total de 6 paradas.

As paradas anuladas desde Paseo de Alfonso a Policarpo Sanz son: Paseo Alfonso 15, Policarpo Sanz 12, Policarpo Sanz 16 e desde Policarpo Sanz a Paseo de Alfonso son: Policarpo Sanz 15, Porta do Sol e Paseo de Alfonso.

Instalaranse novas paradas en: Policarpo Sanz 26, Colón 26, Policarpo Sanz 23, Pi i Margall 7, Pi i Margall (antigo asilo), Praza do Rei (Concello), Camelias (Concello), Praza de Compostela 35 e enfronte.

Para informar aos usuarios dos novos percorridos e paradas, a compañía editará un tríptico informativo cun mapa explicativo no que estarán ubicadas as novas paradas así como os percorridos alternativos das liñas afectadas. Repartiranse máis de 10.000 folletos entre os usuarios. Ademais estes cambios veranse reflexados na páxina web de Vitrasa, nos autobuses e nas principais marquesiñas, así como nas apps móbiles "Vigo" e Moovit nas que os viaxeiros poderán visualizar os novos percorridos en tempo real.

Durante as primeiras semanas establecerase un dispositivo continuo con inspectores a pe de rúa para comprobar o funcionamento das liñas polas novas paradas, así como dar información aos usuarios.

Información relevante | Liñas afectadas

  • C2 - CIRCULAR 2ª
  • C3 - BOUZAS/COIA – ENCARNACIÓN (Praza Eugenio Fadrique)
  • L4 A – C - ARAGÓN / EST. AUTOBUSES- COIA
  • L5 A – B - TEIXUGUEIRAS – B. AIRES (por G. Barbón / Urzáiz)
  • L7 - PZA. ESPAÑA – GARRIDA / ZAMÁNS / SOBREIRA
  • L8 - AREAL – PORTO / UNIVERSIDADE
  • L9 A - PZA. E. FADRIQUE – PEINADOR (AEROPORTO)
  • L9B CANDEAN – G. BARBÓN
  • 10 – TEIS – SAIÁNS
  • L11 - SAN MIGUEL - CABRAL
  • L12 A – B - SAIÁNS / HOSP. ALVARO CUNQUEIRO – MEIXOEIRO
  • L15 B – C - UNIVERSIDADE – SAMIL / NAVIA
  • L17 - MATAMÁ (BALSA) – A GUÍA / RÍOS
  • 24 - GUIXAR – POULO
  • L28 SAMPAIO - VIGOZOO
  • N1/N2/N3 - SAMIL/TEIXUGUEIRAS – BUENOS AIRES
  • H1 - GARCÍA BARBÓN – HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100