|
De 10 anos en adiante O programa En galego podemos vai dirixido tamén a mozos e mozas dende os dez anos ata as idades universitarias. Dentro desta iniciativa, por exemplo, desenvolvéronse actividades en colaboración coa Universidade de Vigo, para a edición de unidades didácticas. Ademais, todo este esforzo non podería ser posible se non se contase coa colaboración do Instituto Municipal de Deportes e das escolas deportivas municipais. Deportes náuticos, deportes de aventura, xogos con paracaídas, atletismo, baloncesto e ciclismo son os temas de publicacións editadas polo Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Vigo dentro do programa En galego podemos. |
|||||||||||||||