![]() |
Neste programa do Servicio de Normalización Lingüística do Concello de Vigo queremos transmitir que é posible aprender, divertirse e pasalo ben utilizando o galego.
Coa axuda de obradoiros e xogos tentamos ampliar o vocabulario da xente nova, potenciarlles a expresión verbal e musical, darlles a coñecer xogos populares, favorecer neles o traballo en equipo e o coñecemento mutuo, e educalos para a paz, a tolerancia e o respecto pola natureza. Xogas? é un proxecto global que ten polo momento dúas pólas desenvolvidas: unha enfocada aos máis cativos, para os que xogar é lecer, e outra dirixida aos mozos e mozas, baseada no xogo como práctica deportiva. |