Avisos de tráfico do Concello de Vigo
Peche ao tráfico da Rúa Cataboi
            <description>Ponse en coñecemento do público en xeral que por  mor das obras de canalización de gas, a realizar 	pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa CATABOI, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 06 de febreiro de 2012 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.
	Solicítase a máxima colaboración cidadá.</description>
Peche ao  tráfico, en sentido cara ao Centro, a rúa SANJURJO BADIA,
            <description>Ponse en coñecemento do público en xeral que por  mor das obras de desmontaxe dun guindastre, a 
	realizar pola empresa GRUAS DONIZ, estará pechada ao tráfico, en sentido cara ao Centro, a rúa 
	SANJURJO BADIA, treito entre as rúas:Bos Aires e Pedro Alvarado, con acceso en dobre sentido 
	exclusivo para VITRASA,  o DOMINGO 15 de xaneiro de 2012  dende as 08:00 até as 17:00 horas.
	Os desvíos debidamente sinalizados establécense polas rúas: Dr Corbal, Maceiras e Pedro Alvarado.  
	Solicítase a máxima colaboración cidadá.</description>
Peche ao tráfico da Rúa Rogelio Abalde
            <description>Ponse en coñecemento do público en xeral que por  mor das obras de baixada de materiais, a realizar 
	pola empresa GRUAS DONIZ, estará pechada ao tráfico a rúa ROGELIO ABALDE, con acceso exclusivo para garaxes, o domingo 15 de xaneiro de 2012, dende as 08:30 horas até as 13:30 horas.
	                                       Solicítase a máxima colaboración cidadá.</description>
Cambio de sentido nas Rúas Pontevedra e Inés Pérez de Ceta
            <description>Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor do remate das obras do parquing do Areal restablécese o sentido único na rúa PONTEVEDRA, con entrada por García Barbón e saída por Areal, asemade a rúa INÉS PÉREZ DE CETA recupera o dobre sentido, dende o martes 13 de decembro de 2011 ás 10:00 horas.
	Prégase a máxima atención á sinalización, 
	Solicítase a máxima colaboración cidadá.</description>
Bando Nadal
            <description>Co fin de facilitar a mobilidade en xeral no centro da cidade, debido á maior afluencia de persoas e vehículos, co gallo das festas do Nadal, compre o establecemento de medidas provisorias na zona urbana interior ao arco delimitado polas rúas:
Doutor Corbal, Bos Aires, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la Fuente, Avda. Martínez Garrido, Estación de Autobuses, Avda. Arquitecto Palacios, Avda. Castrelos, Avda. Portanet, Avda. Citroën, circunvalación Oeste ata Bouzas, establécense as seguintes restriccións:
1. As obras de canalizacións para servicios de saneamento, auga, electricidade, gas e telecomunicacións que se están a executar na vía pública deberán quedar rematadas ás 24,00 horas do sábado día 17 de decembro de 2011. As empresas responsables delas estarán obrigadas a repoñer o pavimento e a sinalización para deixar expedita a libre circulación de persoas e vehículos, polo que terán que retirar casetas, valos, materiais de obra e maquinaria, coa limpeza de calzada e beirarrúas nas rúas e espacios públicos afectados.
2. Asemade, na zona urbana interior ao arco delimitado polas rúas:
Isaac Peral, Doutor Canoa, Travesía de Vigo, Pizarro, Gran Vía e Coruña non se permitirán colectores de obra, sacos de residuos ou calquera outro acopio de materiais na vía pública, que deberán en todo caso ser retirados antes das 24,00 horas do sábado día 17 de decembro de 2011. As empresas responsables deles estarán obrigadas a retiralos, coa limpeza de calzada e beirarrúas nas rúas e espacios públicos afectados.
3. Os traballos, que por atoparse no prazo de execución autorizado, que segundo o anterior teñan que suspenderse nestas datas, poderán continuarse a partir das 08,00 horas do vindeiro luns día 09 de xaneiro de 2012. Polo tanto as obras en curso na actualidade que non poidan ser rematadas na data indicada do 17 de decembro, terán que manter expedito o paso por elas e o seu entorno, durante o período do Nadal, así como garantir unha correcta sinalización para o tráfico e seguridade viaria de persoas e vehículos, repoñéndoa á súa costa se se deteriorase por calquera motivo ou incidencia.
4. Asemade, dende as 24,00 horas do sabado día 17 de decembro de 2011 ata as 08,00 horas do luns día 09 de xaneiro de 2012, prohíbese a realización de calquera outra obra ou traballo que afecte á vía pública, tanto na calzada como nas beirarrúas, salvo autorización expresa por parte desta Alcaldía.
5. Nas devanditas datas únicamente poderán ser atendidas, sen limitación de horarios, as emerxencias ou avarías que revistan carácter de urxencia. Cumprirá darlle coñecemento destas, cando se produza, á Policía Local, cando menos telefónicamente e deberase presentar no Concello, a través do seu Rexistro Xeral, e dentro das 24 horas seguintes, un dictame xustificativo da urxencia e alcance da avaría, subscrito polo técnico competente responsable da obra ou instalación afectada.
6. Os demais traballos de mantemento ou reparación precisos nas vías e servizos públicos, durante estes días, poderán realizarse entre as 21,00 horas e as 09,00 horas do día seguinte, trala autorización expedida pola Alcaldía e anuncio público.
7. Lémbrase tamén que están obrigadas todas as empresas constructoras a retirar da vía pública todos os materiais, taboleiros, valos, maquinaria, etc., dos edificios en construción que non dispoñan dunha autorización expresa.
O incumprimento destas normas dará lugar á incoación do correspondente expediente sancionador e imposición da multa na contía máxima establecida na vixente lexislación de réxime local, así como á inmediata paralización das que se inicien, sen prexuízo de calquera outra medida que proceda adoptar.</description>
Sentido único na Rúa Severino Cobas
            <description>Ponse en coñecemento do público en xeral que por  mor das obras de humanización, a realizar polas 	empresas MOVEXVIAL, EIRIÑA e ORECO, e mentres duren as obras, establécese sentido único de tráfico nas rúas: SEVERINO COBAS, cara á rúa Ramón Nieto; NAIA, treito entre Severino Cobas e 	Alcalde Lavadores, cara á rúa Alcalde Lavadores, dende o martes 29 de novembro de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres meses.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.</description>
Peche ao tráfico das Rúas Chao e Méndez Núñez
            <description>Ponse en coñecemento do público en xeral que por  mor das obras de desmontaxe dun guindastre, a 	realizar pola empresa GRUAS DONIZ, estarán pechadas ao tráfico as rúas CHAO e MÉNDEZ NÚÑEZ, con acceso exclusivo para garaxes, o DOMINGO 04 de decembro de 2011  dende as 08:00 até as 
16:00 horas.
Os desvíos debidamente sinalizados establécense polas rúas: Oliva, Joaquín Yáñez e Fermín Penzol.  
Solicítase a máxima colaboración cidadá.</description>