Avisos do Concello de Vigo
Matrícula para a Escola Municipal de Danza ñ Curso 2008/09
            <description>Comunícaselles a todas as persoas interesadas que o prazo para a
presentación de solicitudes de inscrición na Escola Municipal de Danza
para o curso 2008-09 será desde o día 15 ao 30 de setembro. Os prezos da
matrícula polo curso completo son de 20 euros (alumnados de 4 a 7 anos),
26 euros (restante cursos de danza) e 14 euros (percusión).
Lugar de presentación de solicitudes.-Dependencias da Escola Municipal
de Danza (soto 1º da Casa do Concello).
Horario.-De luns a venres, de 09 a 13 horas e xoves de 17 a 19 horas.
Información.- Teléfonos 986 810 167 ou 986 810 221; Fax 986 810 167 ou
986 22 16 66; escoladanza@vigo.org; www.vigo.org/escoladanza.
Normas Matriculación (pdf)
Matrícula Escola Municipal de danza curso 2008/09
presentación de solicitudes de inscrición na Escola Municipal de Danza para o curso 2008-09 será desde o día 15 ao 30 de setembro. O prezo da matrícula do curso completo son de 20 euros (alumnados de 4 a 7 anos),26 euros (restante cursos de danza) e 14 euros (percusión).
Lugar de presentación de solicitudes.-Dependencias da Escola Municipal de Danza (soto 1º da Casa do Concello).
Información.- Teléfonos 986 810 167 ou 986 810 221; Fax 986 810 167 ou 986 22 16 66; escoladanza@vigo.org; ww.vigo.org/escoladanza </description>
Comunicación  de que está a disposición do público a listaxe definitiva de alumnas/os ...
            <description>Comunícase que está a disposición do público a listaxe definitiva de alumnas/os admitidas/os e lista de agarda da Galescola rúa Palencia de Vigo, curso 2008-2009, no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web www.vigo.org,.
Establécese o prazo de matriculación do 3 ao 10 de setembro ambos os dous incluídos. As matrículas presentaranse na oficina habilitada na galescola, r/ Palencia, nº 32, en horario de 9.00h a 14.00h e de 15.30h a 18.30h. De non formalizar a matrícula no prazo establecido, decaerá o dereito á praza obtida.</description>
Cursos de linguaxe administrativa galega que terán lugar nas escolas oficiais de idiomas.
            <description>A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Xunta de Galicia convoca cursos de linguaxe administrativa galega que terán lugar nas escolas oficiais de idiomas.
O prazo, para a presentación das solicitudes, é desde o 1 ao 20 de setembro e deben entregarse na propia escola oficial de idiomas.
A convocatoria saiu publicada no DOG núm. 27 do xoves, 07/02/2008 (páx. 2120 e ss.).
Para máis información poden visitar a páxina web http://snl.vigo.org</description>
Período de cobranza voluntaria para os padróns dos impostos sobre bens inmobles e act. económicas
            <description>Conforme co establecido no artigo 60.1 de Ordenanza fiscal xeral, aprobada por acordo do Pleno do día 25 de decembro de 1995 publicado no BOP 27 de decembro de 1995, e no uso das atribucións que me confiren, resolvo sinalar o período de cobranza voluntaria para os padróns dos impostos sobre bens inmobles e actividades económicas dende o 1 de setembro ao 3 de novembro deste ano.
NOTA   INFORMATIVA
Normas de procedemento para o ingreso dos tributos municipais de cobro periódico e 	notificación colectiva do Concello de Vigo no presente exercicio:
1º.-  O Concello remitirá aos domicilios fiscais dos contribuíntes un aviso de pagamento que consta de tres exemplares, co que se poderá facer o ingreso en calquera entidade de depósito colaboradora na recadación municipal (a práctica totalidade das mesmas), ou ben directamente na oficina da entidade de depósito que presta o servicio de caixa da Corporación sita no interior da Casa Consistorial, ata a data límite de ingreso que se sinala naquel, no horario de caixa establecido por cada entidade para o pagamento dos recibos non domiciliados.
2º.-  O ingreso tamén poderá efectuarse a través de INTERNET, mediante tarxeta de crédito ou débito, dende a carpeta cidadán do Concello de Vigo (www.vigo.org), opción oficina virtual pagamento de recibos. Este servicio será totalmente gratuíto para os usuarios, calquera que sexa a entidade financeira emisora da tarxeta coa que se efectúa o aboamento.
3º.-  As/os contribuíntes que teñan domiciliado o tributo non recibirán o documento de pagamento, cargándoselles na conta indicada o importe correspondente o último día do período voluntario. As devolucións que se produzan causarán baixa automaticamente no ficheiro xeral de domiciliacións do Concello para exercicios sucesivos.
4º.-  As/os contribuíntes que tiveran os seus tributos domiciliados e aínda así reciban nos seus domicilios o documento de pagamento, será porque a domiciliación é incorrecta. Deberán entregar o xogo de documentos na entidade bancaria que o tratará como un cobro de ventá sen prexuízo de que, unha vez asinada a autorización, sexa informatizada a citada domiciliación  para exercicios posteriores.
5º-.  As/os contribuíntes que por calquera causa deixen de recibir o documento de pagamento poderán solicitar un duplicado en calquera oficina das entidades BBVA, LA CAIXA, CAIXA GALICIA ou CAIXANOVA, ou ben a través da carpeta cidadán do Concello de Vigo, opción oficina virtual impresión de recibos.
EXACCIÓNS  MUNICIPAIS
PERÍODO VOLUNTARIO DE COBRANZA
Por  Resolución da Concellalia delegada do area de economía e facenda  de data 20 de agosto do 2008, sinálase o período voluntario de cobranza do tributo:
IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES
IMPOSTO ACTIVIDADES ECONÓMICAS
Período de cobranza:
Do 1 de setembro  ó 3 de novembro do 2008, ambos os dous incluídos 
Forma de pagamento:	Os/as contribuíntes que reciban no seu domicilio fiscal  un  xogo de  impresos para tal fin, poderán efectuar o ingreso NA OFICINA DA ENTIDADE DE DEPÓSITO QUE PRESTA O SERVICIO DE CAIXA sita no interior da Casa Consistorial, de luns a venres e de 8 a 14,30 horas, ou nas entidades colaboradoras que de seguido se indican:
BANCO SABADELL-ATLÁNTICO		CAJA MADRID
CAIXANOVA				BANCO DE GALICIA
CAIXA GALICIA				BBVA
LA CAIXA					BANCO PASTOR
CAJA DUERO				BANCO SIMEON
CAIXA CATALUNYA			BANCO ETCHEVARRÍA
SANTANDER SA  		 		CITIBANK
BANESTO					BANCO MAPFRE
BANCO ESPIRITO SANTO			BANCO GALLEGO
BANCO POPULAR				BANCO ZARAGOZANO
CAJA ESPAÑA				IBERCAJA
BARCLAYS BANK				C.A. MEDITERRANEO.
O ingreso tamén poderá efectuarse a través de INTERNET, mediante tarxeta de crédito ou débito, dende a carpeta cidadán do Concello de Vigo (www.vigo.org), opción oficina virtual pagamento de recibos.
Aqueles que non reciban os impresos poderán solicitar un duplicado en calquera oficina das entidades BBVA, LA CAIXA, CAIXA GALICIA ou CAIXANOVA, ou ben a través da carpeta cidadán do Concello de Vigo, opción oficina virtual impresión de recibos.
Rematado o prazo de cobranza no período voluntario, iniciarase o período executivo efectuándose a recadación dos recibos non satisfeitos polo procedemento administrativo de constrinximento sobre o patrimonio do obrigado ó pagamento, consonte co establecido no artigo 161 da Lei Xeral tributaria e 68 e seguintes do Regulamento xeral de recadación.</description>
Selección de tres auxiliares de administración xeral  por período de 6 meses
            <description>A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o  26 de agosto de 2008, adoptou acordo aprobando as bases rectoras do proceso selectivo para a provisión con carácter interino por acumulación de tarefas, de tres auxiliares de administración xeral, por un período máximo de seis meses.
Ponse en coñecemento dos/as aspirantes que as citadas bases están expostas no taboleiro de edictos da Casa do Concello e na páxina web (www.vigo.org).
O prazo de presentación de instancias será de tres (3) días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación do presente anuncio na prensa local.</description>
Entrega talóns polas axudas municipais escolares de Libros
            <description>O departamento de Benestar Social informa que a partir do 1 de setembro e ata o 15 de novembro fará entrega dos talóns polas axudas municipais escolares de libros, ano 2008-2009, concedidas.
Lugar: Departamento de Benestar Social – Praza do Rei, nº 2-Planta baixa. 
Horario: 09 a 13 horas.
Documentación necesaria:
Dni, Pasaporte, etc., do titular da solicitude.
Factura orixinal dos libros a nome do solicitante por importe igual ou superior á axuda concedida.</description>
Solicitudes de novo ingreso e matrícula curso 2008-2009
            <description>Aprobado o Plan de Normalización Curricular pola Xunta Rectora do Organismo Autónomo EMAO, en sesión de data 14 de xullo de 2008, anúnciase o calendario oficial de presentación de solicitudes de novo ingreso e matriculación para o curso 2008-2009 na Escola Municipal de Artes e Oficios:
ESPECIALIDADES XERAIS: Pintura, Escultura e talla en madeira, Debuxo, Cerámica,  Encadernación, Repuxado en Coiro, Moda e confección, Artes Gráficas, Encaixe de Palillos, Ourivaría.
17 de xullo-2 de setembro: exposición das listas de pre-matriculados (alumnado  que finalizou nivel na súa especilidade no curso 2007-2008)
3-5 de setembro: exposición definitiva das listas de pre-matriculados
8-16 de setembro 
Preinscrición alumnado de novo ingreso
Matrícula pre-matriculados
19 de setembro: Exposición do listado de alumnos novos que fixeron a preinscrición.
24 de setembro: sorteo das preinscricións de alumnado de novo ingreso.
26 de setembro: exposición listas de admitidos  segundo o sorteo.
26-30 de setembro: Matrícula alumnado de novo ingreso.
1 de outubro: 
Exposición das listas definitivas.
Comezo do Curso
Especialidades CAIM: Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais (Gaita, Zanfona, Luthería antiga)
17 de xullo-2 de setembro: exposición das listas de pre-matriculados
8-16 de setembro: Matrícula pre-matriculados
17-26 de setembro: Preinscrición, se é o caso, alumnado novo ingreso
29 de setembro: sorteo das preinscricións
30 de setembro: exposición listas de admitidos  segundo o sorteo.
1 de outubro: inicio curso alumnado procedente do curso 2007-2008
2 de outubro: 
Exposición listados definitivos alumnado de novo ingreso
Inicio, se é o caso, do curso para alumnado de novo ingreso
HORARIOS DE ADMINISTRACIÓN
Lugar: Edificio principal da EMAO, rúa García Barbón, 5
Horario: de 10 h. a 14 h., laborables de luns a venres.
Máis información:
Web-EMAO: http://hoxe.vigo.org/movemonos/educacion7
Correo electrónico: emao@vigo.org
Tfno.: 986228088
NOTAS IMPORTANTES:
Durante o curso 2008-2009 non se convocarán cursos de iniciación nas especialidades de Cerámica e de Encadernación.
O alumnado procedente do curso 2007-2008 que lle corresponda continuar os seus estudios conforme ao Plan de Normalización Curricular, deberá obrigatoriamente matricularse nos prazos sinalados.
Para as especialidades CAIM, a convocatoria de novas prazas pàra iniciación, dependerá da existencia de vacantes despois do período de pre-matriculación. </description>
Cursos de linguaxe administrativa galega
O prazo, para a presentación das solicitudes, é desde o 1 ao 20 de setembro de 2008 e deben entregarse na propia escola oficial de idiomas.
A convocatoria saiu publicada do DOG núm. 27 do, xoves, 07/02/2008 (páx. 2120 e ss.). 
Plan municipal de emprego 2008-2011. Selección de persoal (capataces, oficiais de oficios e ...
            <description>Presentación de solicitudes:
Mediante instancia solicitando participar no proceso de selección, definindo o posto ao que opte.
Prazo: 10 días naturais a partir da data de publicación do anuncio na prensa.
Lugar de presentación: 	Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Praza do Rei s/n. (Vigo). Dirixido ao servizo de Promoción Económica e Emprego.
Horario de entrega:  De 9:00 a 13:00 horas.
Documentación: Xunto coa instancia achegarase a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos xerais e específicos establecidos nas presentes bases para cada posto de traballo.
Recollida de bases e impresos no servizo de Información do Concello.
Maís información no telefóno 010 E na web www.vigo.org</description>
Convocatoria de subvencións destinada a proporcionar mediante  a utilización de bono-taxi, un ...
            <description>Convócanse axudas para taxi dirixidas a persoas afectadas de dificultades de mobilidade que non podan utilizar o transporte público.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao de publicación no Boletín Oficial da Provincia.
As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo no prazo antes mencionado, en calquera das formas previstas na Lei 30/1992 de RXAPPAC. de 26 de novembro. As solicitudes deberán acompañarse da documentación requerida nas bases da convocatoria (B.O.P. 17 de xullo de 2008).
O pagamento das axudas farase mensualmente.
As bases que rixen esta convocatoria foron aprobadas no marco xurídico da Lei 38/2003 do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e 9/2007 de 13 de xuño de Subvencións de Galicia e aprobadas pola Xunta de Goberno Local de 7 de xullo de 2008.</description>
Bases da convocatoria de 4 bolsas: 1 de arte, 2 de arqueoloxía, 1 de acción didáctica.
            <description>ANUNCIO
MUSEO MUNICIPAL DE VIGO "QUIÑONES DE LEÓN"
A X.G.L. na sesión extraordinaria e urxente do 13 de marzo de 2008 aprobou as bases da convocatoria de 4 bolsas: 1 de arte, 2 de arqueoloxía, 1 de acción didáctica.
As Bases pódense atopar: na web do Museo (www.museodevigo.org), na web do Concello (www.vigo.org) e no Rexistro Xeral do Concello.
Prazo de presentación ata o 15 de abril de 2008: 10 días hábiles dende a publicación no BOP (3 abril 2008).
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello.</description>
Cursos:
            <description>A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo abre o prazo de inscrición para os seguintes cursos de carácter gratuíto, dentro da campaña "Vivir en parella é cousa de 2" :
CURSOS PARA MULLERES E HOMES .-
Podo comunicarme mellor 
Destinatarios/as: Homes e mulleres que desexen entender ou mellorar as súas relacións cos/coas demais:       comunicación, emocións, resolución  conflitos, etc.
Inicio: sábado 26 de abril. 20 horas.
Coidado das persoas dependentes
Contidos: hixiene, alimentación, mobilización, descanso e sono,  coidar  a quen coida ,etc. 
 Inicio: xoves 24 de abril. 30 horas.
CURSOS PARA MULLERES.-
 Reparacións domésticas básicas. 
 Contidos:  fontanería, electricidade, peches, mobles, electrónica. 
 Inicio: xoves 24 de abril. 30 horas.
Mecánica e electricidade do automóbil
Contidos: motor, a dirección, a transmisión, solución de avarías, freos, neumáticos, mantemento.
Inicio: mércores 23 de abril. 30 horas
CURSOS PARA HOMES.-
Preparo, cociño e comparto
Contidos: Elaboración de menús. Organización e distribución de alimentos no frigorífico. Cesta da compra. 
Inicio: luns 5 de maio. 30 horas.
Os coidados que necesita a nosa roupa
Contidos: técnicas de pasar o ferro, lavado, estendido e dobrado de roupa, costura, marcado de prendas . Inicio: martes 22 de abril. 20 horas.
Requisitos para todos os cursos: Ser maior de idade, estar empadroado/a no Concello de Vigo e inscribirse nalgún curso que non realizara noutras edicións.
Inscricións desde o día 7 ao 18 de abril de 2008 (inclusive), as prazas son limitadas.
As inscricións realizaranse na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello de Vigo, ou ben a través do  tfno. 986 810 284, en horario de 8.00 a 15.00 h.
Máis información: www.vigo.org/igualdade</description>
Apertura do prazo para a presentación de solicitudes de subvencións para o fomento de ...
            <description>Tras a publicación o 2 de abril de 2008 no boletín oficial da provincia da convocatoria de subvencións para o fomento de actividades socioculturais (aprobadas pola Xunta de Goberno local o 13 de marzo), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de subvencións para o fomento de actividades socioculturais para o ano 2008.
As persoas interesadas en concorrer a esta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro xeral do Concello, ben directamente ou por calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O prazo de presentación de solicitudes estabelécese en vinte días naturais a contar desde a publicación da convocatoria no BOP: do 3 ata o 22 de abril de 2008, ambos incluídos.
Toda a información relativa á convocatoria, bases, modelos de solicitude e formularios está dispoñíbel nos servizos de información do Concello de Vigo, na páxina web (www.vigo.org) e no servizo de Animación sociocultural.</description>
Convocatoria específica para a concesión de subvencións para o fomento de actividades xuvenís
            <description>-Obxecto da convocatoria: Fomentar a participación xuvenil dos/das mozos/as dentro dos diferentes ámbitos sociais, facilitando o desenvolvemento de actividades promovidas por entidades e/ou grupos xuvenís.
-Destinatarios: - Asociacións e entidades sen ánimo de lucro específicamente xuvenís                        - Outras entidades e/ou asociacións non específicamente xuvenís                        - Grupos de mozos non constituidos como asociación
-Crédito da convocatoria: 12.000 €
-Publicación: BOP de 2 de abril de 2008
-Prazo: Ata o 2 de maio de 2008</description>
Convocatoria para a Concesión de Subvencións a Entidades Deportivas de Vigo  temporada 2007-2008
            <description>A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo,  na sesión extraordinaria do 13 de marzo de 2008, aprobou a "Convocatoria específica para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo en relación á actividade deportiva da tempada 2007/2008" (BOP 2 de abril de 2008), e a tal fin destina no seu orzamento do ano 2008 con cargo á partida orzamentaria 4521.489.00.00 "Subvención a clubes e entidades sen fin de lucro, un importe total de 569.000 euros (cincocentos sesenta e nove mil euros). 
Esta convovatoria, como establece no seu artigo 2, está destinada a  entidades deportivas sen fins de lucro que reúnan os requisitos establecidos , co obxecto de fomentar o deporte e a práctica deportiva.
Tal como estabrece o artigo 6 das bases, o prazo para presentar as solicitudes, será de 30 días naturais contados dende o día seguinte a súa publicación no BOP,  é dicir o 2 de maio de 2008. 
As bases e os anexos desta convocatoria están na páxina Web do Concello, www.vigo.org 
CONVOCATORIA ESPECÍFICA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS DE VIGO PARA A ORGANIZACIÓN DE EVENTOS E ACTIVIDADES DEPORTIVAS DURANTE O ANO 2008
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo,  na sesión extraordinaria do 13 de marzo de 2008, aprobou a "Convocatoria específica para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo para a organización de eventos e actividades deportivas durante o ano 2008" (BOP 2 de abril de 2008), e a tal fin destina no seu orzamento do ano 2008 con cargo á partida orzamentaria 4521.489.00.01 "Subvencións eventos deportivos", por un importe total de 130.000 euros (cento trinta mil euros).
As bases e os anexos desta convocatoria están na Web do Concello, www.vigo.org 
 Solicitude de Praza nas Escolas Infantís Municipais para Novo Alumnado Curso 2008 / 2009
            <description>Ir ao trámite</description>
Aprobación das normas reguladoras do funcionamento das listas de reserva derivadas da execución ...
            <description>A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 3 de marzo de 2008, adoptou entre outros, o seguinte acordo relativo á aprobación das normas reguladoras do funcionamento das listas de reserva derivadas da execución das ofertas de emprego público do concello de Vigo.
"Primeiro.- Aprobar as "NORMAS REGULADORAS DO FUNCIONAMENTO DAS LISTAS DE RESERVA DERIVADAS DA EXECUCIÓN DAS OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DE VIGO" anexas ao presente acordo, que terán validez en relación coas ofertas de emprego público que execute o Concello de Vigo, dispoñendo a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos da Casa do Concello aos efectos do seu público coñecemento.
Segundo.-Contra o presente acordo poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo de 1 MES a contar dende o día seguinte ó da súa notificación ou publicación, ou ben recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo de Vigo, no prazo de 2 MESES tamén dende o día seguinte ao notificación ou publicación do acto administrativo que poña fin á vía administrativa, nos supostos, termos e condicións do previsto nos artigos 8, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa."
Ver normativa (PDF)</description>
Aprobación inical da Ordenanza Municipal reguladora das operacións de carga e descarga
            <description>O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria de 25 de febreiro de 2008, adoptou o seguinte acordo:
"Primeiro.- Aprobar inicialmente a Ordenanza Municipal reguladora das operacións de carga e descarga de mercadorías nas vías urbanas (exp. nº 74358/210). 
Segundo.- Abrir un período de información pública polo prazo de 30 días para a presentación de reclamacións e suxestións.
Terceiro.- Declarar que, consonte ao establecido no artigo 49.c) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL), de non se presentar ningunha reclamación ou suxestión, entenderase definitivamente aprobado o acordo ata entón provisional, debendo publicarse o texto íntegro da Ordenanza no BOP, entrando en vigor aos 15 días hábiles da súa completa publicación." 
No BOP nº 58, de 26 de marzo de 2008, publicouse o anuncio de aprobación  inicial plenaria da devandita Ordenanza Municipal xunto co teor literal da mesma. Outórgase un prazo de 30 días hábiles, contados a partires do día seguinte á publicación no BOP, para que os interesados presenten as reclamacións ou suxestións que estimen pertinentes na defensa dos seus dereitos e intereses lexítimos. O prazo de presentación de reclamacións comenza o día 27 de marzo e finaliza o vindeiro 02 de maio de 2008.
Presentación Candidaturas Agrupación Voluntarios Protección Civil
            <description>Con data 24 de marzo de 2008, a Xunta Electoral da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vigo, acordou :
I.- A apertura do  prazo de presentación de candidaturas que comenzará o vindeiro 31.03.2008 e rematará  o 07.04.2008, ámbalas datas incluídas. O lugar de presentación das candidaturas será no rexistro xeral do Excmo. Concello de Vigo, de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas e sábados ata as 13:00 horas.
II.- Fixar como data e lugar de celebración das eleccións o vindeiro 27 de abril de 2008, dende as 11.00 horas ata as 19.00 horas, no local da Agrupación de Voluntarios, sito na rúa Pi e Margall nº 69-baixo.
III.- Os seguintes anuncios publicaranse nos taboleiros de anuncios do Concello de Vigo e da sede da Agrupación de Voluntarios.</description>
Normas de procedemento para o ingreso dos tributos municipais de cobro periódico e notificación ...
            <description>Conforme co establecido no artigo 60.1 de Ordenanza fiscal xeral, aprobada por acordo do Pleno do día 25 de decembro de 1995 publicado no BOP 27 de decembro de 1995, e no uso das atribucións que me confiren, resolvo sinalar o período de cobranza voluntaria para o padrón do imposto de vehículos de tracción mecaníca dende o 31 de marzo ao 30 de maio deste ano.
                                                  N O T A     I N F O R M A T I V A
3º.- As persoas contribuíntes que teñan domiciliado o tributo non recibirán o documento de pagamento, cargándoselles na conta indicada o importe correspondente o último día do período voluntario. As devolucións que se produzan causarán baixa automaticamente no ficheiro xeral de domiciliacións do Concello para exercicios sucesivos.
4º.-  As persoas contribuíntes que tiveran os seus tributos domiciliados e aínda así reciban nos seus domicilios o documento de pagamento, será porque a domiciliación é incorrecta. Deberán entregar o xogo de documentos na entidade bancaria que o tratará como un cobro de ventá sen prexuízo de que, unha vez asinada a autorización, sexa informatizada a citada domiciliación  para exercicios posteriores.
5º-. As persoas contribuíntes que por calquera causa deixen de recibir o documento de pagamento poderán solicitar un duplicado en calquera oficina das entidades BBVA, LA CAIXA, CAIXA GALICIA ou CAIXANOVA, ou ben a través da carpeta cidadán do Concello de Vigo, opción oficina virtual impresión de recibos.
PERÍODO VOLUNTARIO DE COBRANZA
Por  Resolución da Concellalia delegada do area de economía e facenda  de data 24 de marzo do 2008, sinálase o período voluntario de cobranza do tributo:
IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS  DE TRACCIÓN  MECÁNICA
Período de cobranza	
Do 31 de marzo  ó 30 de maio do 2008, ambos os dous incluídos 
BANCO SABADELL-ATLÁNTICO		 CAJA MADRID
CAIXANOVA				             BANCO DE GALICIA
CAIXA GALICIA				 BBVA
LA CAIXA					             BANCO PASTOR
CAJA DUERO				 BANCO SIMEON
CAIXA CATALUNYA			             BANCO ETCHEVARRÍA
SANTANDER SA  		 		 CITIBANK
BANESTO					             BANCO MAPFRE
BANCO ESPIRITO SANTO			 BANCO GALLEGO
BANCO POPULAR				 BANCO ZARAGOZANO
CAJA ESPAÑA				 IBERCAJA
BARCLAYS BANK				 C.A. MEDITERRANEO.
Exposición pública da Ordenanza de axudas aos propietarios que carezan de recursos suficientes ...
            <description>Aprobada inicialmente en sesión ordinaria do Pleno deste Concello, de data do 25 de febreiro de 2008, a Ordenanza de axudas aos propietarios que carezan de recursos suficientes para a realización da inspección técnica de edificacións, consonte o previsto no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, exponse ao público o expediente por prazo de 30 días desde a publicación no BOP deste anuncio para a presentación de reclamacións e suxerencias.</description>