[{"texto":"O alcalde presentou a montaxe da caixa de agasallo na Gran Vía, un clásico no Nadal de Vigo. A instalación amosa este ano diversas novidades con respecto ás dimensións e a iluminación.\nA caixa de agasallo, de tres dimensións, ascende a 18 metros de altura, un metro máis que o ano pasado, e mantén os 9 metros de ancho e os 15 metros de profundidade. Ademais, incrementa o número de luces LED, con 2.000 puntos máis que en anteriores ocasións, o que supón un total de 81.000 luces LED.\nCaballero adiantou que a iluminación do Nadal contará este ano con 12 millóns de luces LED, unha cifra que, segundo explicou, podería chegar, finalmente, aos 13 millóns. Estes elementos estarán distribuídos por diferentes puntos da cidade xunto con 7.000 motivos ornamentais. Na Gran Vía, a iluminación chegará a 814 árbores.\nTamén destacou a proposta na decoración da iluminación, baseada no sistema RGBW, o que quere decir, que haberá luces vermellas, verdes, azuis e brancas. Isto permite \"todas as posibles combinacións de cores\".\nO rexedor sinalou que as luces do Nadal de Vigo se modernizan cada ano, permitindo a incorporación de novas figuras, bandeiras e iconas decorativas que complementan a iluminación da cidade.","foto":"https:\/\/xornal.vigo.org\/storage\/images\/opt\/5ms7tfsg1usbbwRLmwld5BbdrdvBFw1X2PbsmPPf.jpeg","entradilla":"O alcalde presentou este martes na Gran Vía a montaxe da caixa de agasallo, un dos elementos luminosos máis emblemáticos do Nadal de Vigo","titulo":"Comeza a montaxe dos grandes elementos do Nadal cunha renovada proposta lumínica","id":33982,"data":"2026-09-22"},{"texto":"O Concello ofrece transporte gratuíto ao alumnado de entre 3 e 18 anos dentro do programa Vigo Educa, unha iniciativa que cada ano facilita a participación de arredor de 48.000 alumnas e alumnos en actividades educativas e culturais por toda a cidade.\nO obxectivo, segundo explicou o alcalde, é que os escolares coñezan Vigo a través de visitas e actividades didácticas, facilitando os seus desprazamentos aos diferentes espazos nos que se desenvolven. A programación inclúe propostas como Música na Escola, A Reconquistiña, o Correlingua, visitas a VigoNature ou actividades para a conmemoración de días como o da Muller e a Nena na Ciencia ou o do Medioambiente.\nComo novidade, o Concello incorpora ao programa visitas escolares aos museos municipais, co propósito de achegar estes espazos ao alumnado e favorecer que os coñezan e gocen deles. Vigo Educa inclúe tamén visitas ao Castro e á Vila romana de Toralla, ampliando así a oferta relacionada coa historia e o patrimonio da cidade.\nCaballero definiu Vigo Educa como un programa de mobilidade educativa que combina aprendizaxe e diversión, permitindo que miles de escolares se despracen gratuitamente para participar nas actividades organizadas na cidade.","foto":"https:\/\/xornal.vigo.org\/storage\/images\/opt\/tRXWFQIOMd480mCXtFY6VuFAEOdoVrCAQUmQZrMK.jpeg","entradilla":"O programa Vigo Educa incorpora este ano o traslado para visitar os museos municipais, O Castro e a Vila romana de Toralla. O goberno local inviste 90.000 euros ao ano neste transporte escolar.","titulo":"O Concello ofrece transporte gratuíto a 48.000 escolares para achegarlles os recursos educativos e culturais da cidade","id":33981,"data":"2026-09-22"},{"texto":"Abel Caballero participou este martes na presentación da nova campaña promocional da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia, que escolleu a Iago Aspas como protagonista. O acto desenvolveuse na dársena da Laxe, a bordo do Mar de Ons, e serviu para dar a coñecer a nova iniciativa coa que o Consello Regulador continúa impulsando a identificación e a calidade certificada do produto.\nO alcalde puxo en valor a relevancia deste produto para Galicia e, particularmente, para as Rías Baixas. \"O mellor mexilón do mundo é das Rías Baixas\", manifestou, antes de destacar especialmente a produción da ría viguesa: \"Dentro das Rías Baixas hai unha categoría especial. Os da ría de Vigo unha categoría especial\". Caballero felicitou tamén á DOP pola elección de Iago Aspas como imaxe dunha campaña que une dous símbolos estreitamente ligados a Galicia e á ría. O dianteiro celeste protagoniza a nova acción promocional que o Consello Regulador presenta este ano para reforzar a notoriedade da marca Mexillón de Galicia.\nA Denominación de Orixe Protexida garante a procedencia e calidade certificada do mexillón cultivado nas rías galegas e conta con máis de 2.000 bateas de produción amparadas baixo este distintivo. \"Iago. Eres irrepetible, eres fantástico, eres único, así que viva o mexilón, viva Vigo e viva Galicia\", concluíu o rexedor.","foto":"https:\/\/xornal.vigo.org\/storage\/images\/opt\/h4ewBonNyhVNEAjQtBF8gTIwC1uw0SJZFyGXg0nD.jpeg","entradilla":"O alcalde asistiu este martes á presentación en Vigo da campaña da DOP Mexillón de Galicia, protagonizada por Iago Aspas baixo o lema \"Se é galego salta á vista\". A campaña aposta pola figura do futbolista do Celta, coñecido como o \"Príncipe das Bateas\", para promocionar un dos produtos máis representativos das nosas rías.","titulo":"Caballero valora a calidade do mexillón da ría de Vigo ","id":33980,"data":"2026-09-22"},{"texto":"O alcalde informou da concesión de 38 axudas de ata 3.000 euros a entidades viguesas que traballan a prol da promoción da mulleres de diferentes maneiras. Con este programa, o Concello quere apoiar o asociacionismo para fomentar a participación feminina con accións positivas que permitan alcanzar a igualdade de oportunidades en diversos ámbitos da sociedade, especialmente na prevención e combate da violencia de xénero, a educación en igualdade, a corresponsabilidade, o empoderamento e o fomento da participación social.\n ","foto":"https:\/\/xornal.vigo.org\/storage\/images\/opt\/nF1rrP6COS6TcQoqSNUdALK6z08BGvOy19YeVQa3.jpeg","entradilla":"A Xunta de Goberno Local acaba de aprobar as subvencións a 38 entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades e programas de promoción das mulleres cun orzamento superior aos 90.000 euros.","titulo":"O Goberno de Vigo dedica 90.000 euros á promoción das mulleres","id":33983,"data":"2026-09-22"},{"texto":"Abel Caballero explicou este martes que a edición de 2026 do Festival Internacional Vertixe ofrecerá 16 concertos e espectáculos de danza, dos que cinco son en Vigo, entre o 26 de setembro e o 3 de decembro.\nOs auditorios do Museo MARCO e do conservatorio Martín Códax serán os escenarios dos concertos. O alcalde remarcou a participación de intérpretes de música contemporánea de Arxentina, Italia, Alemaña, España e de Galicia.\nConcurso de piano\nO Goberno municipal tamén aprobou a subvención de 40.000 euros para a décima edición do Concurso Internacional de Piano celebrado do 8 ao 14 de agosto.\nCaballero destacou a presenza do actor Jeremy Irons durante o concerto a catro mans. \"Foi memorable e iso é o que queremos que suceda en Vigo, música ao máis alto nivel que se pode practicar en ningún lugar\", afirmou.","foto":"https:\/\/xornal.vigo.org\/storage\/images\/opt\/aAIXLhOKFoKnT2s3RaHmIHqOBHmEa5b6lP2R76Rk.jpeg","entradilla":"A Xunta de Goberno aprobou o venres unha subvención de 7.000 euros para que a Asociación Cultural Vertixe promocione a música a través dun programa de concertos que ofrece unha visión ampla da creación sonora internacional. Amais dedica 40.000 euros ao Concurso Internacional de Piano.","titulo":"O Goberno municipal apoia o \"Festival Internacional Vertixe 14\", de creación musical contemporánea ","id":33979,"data":"2026-09-22"},{"texto":"O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, animou hoxe á cidadanía a asistir esta fin de semana á competición, que alcanza a segunda edición co apoio do Concello de Vigo, pola vertente solidaria coas persoas afectadas pola hiperplasia suprarrenal conxénita. \"O Concello vai seguir colaborando e contribuíndo ao desenvolvemento do hóckey e de todo o deporte\", asegurou.\nO presidente do Hóckey Club Cíes, Leonardo Torres, avanzou a presenza en Vigo de equipos da elite internacional masculino e feminino deste deporte. Explicou que competirán dous equipos femininos campións de Europa: Marineda, da Coruña, e Sanjoanense de Portugal; así como o masculino de Barcelos, tamén campión de Europa, entre outros. Ademais, participarán nove equipos das categorías inferiores, coa presenza de máis de 1.000 persoas. \"Facémolo por unha boa causa, para recadar fondos, como o ano pasado coa finalidade de poder achegar o noso gran de area para que se investigue esta enfermidade\", afirmou.\nIsabel Castro, presidenta da Asociación Española de afectados con hiperplasia suprarrenal conxénita, expresou a importancia da nova convocatoria á vez que trasladou o seu agradecemento ao club de hóckey e ao Concello de Vigo \"por pensar nas nenas e nenos afectados pola patoloxía renal\" e por celebrar unha competición deportiva que achega \"moita visibilidade\" á enfermidade e á transcendencia da investigación.\nHugo Barreiro e Elena Mosquera, directivos do club, destacaron a trascendencia da vertente solidaria do torneo.","foto":"https:\/\/xornal.vigo.org\/storage\/images\/opt\/MveauRolf2Uxxg1l40uBlNw8POnRZbKTBoKTvaAa.jpeg","entradilla":"O Pavillón municipal Pablo Beiro, en Bouzas, será escenario os días 26 e 27 de setembro da competición solidaria internacional organizada polo Hóckey Club Cíes e a Asociación Española das persoas afectadas pola doenza renal coa finalidade de apoiar a loita contra unha enfermidade rara.","titulo":"Vigo acolle o Torneo de Hóckey sobre patíns en beneficio dos afectados con hiperplasia suprarrenal conxénita ","id":33978,"data":"2026-09-22"}]