vigohoxe  
Nunca mais
Dispositivo municipal Voluntariado Limpeza Axudas Aves Mapa Noticias Ligazóns Agradecementos Hemeroteca


Voluntariado

Dende que a mancha de combustible procedente do "Prestige" ameaza as nosas costas, a Oficina Municipal de Voluntariado da Concellería de Participación Cidadá púxose en contacto cos voluntarios asociados co fin de organizar grupos de traballo co fin de intervir na reparación dos danos que provoque o fuel oil.

Malia a que arestora o Concello dispón de persoal suficiente, continúa inscribindo voluntarios aos que avisará no caso de seren precisos.

Os intersesados en colaborar nesta causa poden chamar ao teléfono da OMV: 986 810 213, ou ao teléfono de Atención ó Cidadá: 010 (para chamar dende un fixo) e 986 810 260 (para chamar dende un móbil) ou apuntarse persoalmente na lonxa da Casa do Concello en horario de 8:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Doutra banda, a Universidade de Vigo e as organizacións ecoloxistas Erva e ADEGA admiten voluntarios.




© Concello de Vigo