| ||||||||||||||
Limpeza da costa Protocolo básico para a limpeza de praias Sanidade e seguridade do persoal en terra Obxectivos e principios Cando participe nos equipos de loita contra a contaminación do Prestige, vaise atopar exposto vostede a numerosos riscos dos que debe protexerse. A protección contra os accidentes na zona de traballo de descontaminación debe observar: Os principais riscos que se topan na zona de descontaminación veñen representados pola caída do persoal, con e sen desnivel, as caídas de obxectos sobre todo durante as operacións de levantamento, as queimaduras e os trastornos auditivos debidos aos motores térmicos, as feridas por golpe ou corte, os accidentes relacionados polo uso de cordas e amarres (queimaduras, beliscos, esmagamentos, esgazamentos...), o po, e para rematar, o risco do propio contaminante (a toxicidade será especialmente aguda no terreo de traballo en condicións pechadas ao igual que no interior do barco. Equipos de protección Tódalas partes que interveñen (empresa de intervención, administración, voluntarios,...) deben contar cun equipo de protección individual: mono de traballo, impermeable, botas e luvas. Ademais, certas operacións máis especializadas (ex.: lavado con auga quente) poden xustificar o uso de cascos, gafas, máscaras de protección respiratoria. Na zona de traballo debe existir tanto unha conexión de comunicación constante (por radio e por teléfono) como un botiquín de primeiros auxilios. Precaucións Non traballar illado durante unha operación: todo participante debe actuar seguindo un plan previo operacional, obedecendo ordes do posto de mando e mantendo o contacto por radio co resto do equipo. Está prohibido fumar (levar chisqueiro,...). Identificar a presencia de socorristas na zona de traballo de descontaminación, indicar con claridade a presencia de postos de socorro ou botiquíns. Adaptar a vestimenta á temperatura ambiente e evitar a deshidratación bebendo auga regularmente. Prioridade da primeira limpeza A fase da primeira limpeza do Prestige consistirá en recupera grosso modo, pero rapidamente, a máxima cantidade de petróleo para evitar que sexa de novo arrastrado polo vento e as mareas e que contamine outras zonas do litoral aínda non afectadas. É de esperar que as operacións de limpeza máis minuciosa e de posterior restauración non comecen ata que se obteña a seguridade de que non chegará máis petróleo á costa. Nas praias recollerase de forma prioritaria as placas, as manchas, as bolas de maior tamaño, para evitar que se afundan polos movementos da area ou que sexan levadas e dispersadas polas ondas cara a outras zonas máis sensibles. Deben tamén recollerse os macroresiduos contaminados, as algas moi contaminadas e os hidrocarburos que se poidan recoller facilmente nas zonas resgardadas. Nas zonas rochosas, deberán recollerse as manchas espesas que se atopen acumuladas entre as rochas non azoutadas polas ondas. Nos portos e preto das praias, é moi importante limpar todo aquilo que represente un risco de esvarón ou de derrapaxe de persoas ou vehículos. Deixar as bolas de menor tamaño nas praias, as algas pouco contaminadas, as rochas azoutadas pola tormenta, ata a fin do temporal. |
![]() |
|||||||||||||