| ||||||||||||||
Dispositivo municipal O Concello constituiu un gabinete de emerxencia o 19 de novembro de 2002 destinado a preparar os equipos necesarios para actuar no caso de que chegase a marea negra á ría de Vigo. Este grupo de traballo está coordinado polo alcalde, Lois Castrillo, e intégrano concelleiros, técnicos municipais e asesores expertos en bioloxía e investigacións mariñas. O alcalde dirixe os labores de 1.000 operarios municipais que traballan de forma organizada na loita contra a marea negra provocada polo petroleiro "Prestige" ante as costas galegas. Ante a falta de axudas doutras administracións, o Concello adquiriu equipamento de limpeza e colectores que puxo a disposición dos barcos pesqueiros para a almacenaxe do fuel. Os equipos, preparados para actuar ante a aparición de manchas de fuel, divídense en quendas de traballo para optimizar os recursos existentes. Un grupo trasladouse ás illas Cíes para estudiar a evolución do vertido e coordinar o dispositivo de traballo. O Concello enviou brigadas de voluntarios ás Cíes equipadas co material necesario que retiran diariamente toneladas de fuel principalmente dos areais da illa de San Martiño (sur) e da illa de Monteagudo (norte). As manchas chegaron á Cantareira, Margaridas, Area grande do Mixueiro, Areíña, Rodas, Bolos, Nosa señora e San Martiño. Proporcionoulle tamén colectores e equipos de protección á flota de baixura. Equipouse o barco "José María Navaz" para que a tripulación especializada do Instituto Oceanográfico se incorporase aos labores de recollida. O traballo dos mariñeiros evitou, polo momento, a entrada da marea negra na ría de Vigo. O Concello ofreceulle voluntarios a outros municipios galegos. Ademais de fornecer os nosos voluntarios, dende o Concello de Vigo se subministróuselle material de todo tipo a Parques Nacionais, á confraría de Vigo, ao Concello de Baiona, aos mariñeiros de Aldán e incluso ao exército, concretamente aos infantes de mariña que o venres 6 de decembro limparon na illa de San Martiño. Material subministrado: - Equipos completos de limpeza (traxe e botas de auga, luvas, mascariña) - 486 caixas con lotes de comida - 8.412 pares de luvas - 2.276 gafas protectoras - 3.772 monos desbotables - 2.544 traxes de auga - 7.606 mascariñas - 2.710 pares de botas - 6 chaleques reflectantes - 605 gorros - 3.556 sacos de cascallos - 632 capachos - 370 rolos para precintar - 397 pas - 2.268 bolsas para o lixo - 223 colectores - 12 cubetas de pvc - 101 angazos - 40 ganapáns - 25 disolventes - 106 paletas, cepillos e espátulas -43 peneiras -6 bidóns metálicos de 200 litros - 4 rolos de plástico negro - 303 escumadeiras de chapapote - 1.278 litros de leite - 5.668 botellas de auga e refrescos - 50 Kg de area para gatos - 2 cribas e grupos eléctricos -1 forno eléctrico O Centro Operativo de Emerxencia estructúrase mediante: Terá a responsabilidades de fornecer de material e equipamento para abordar as tarefas de limpeza, asistencia médica, axudas externas de empresas, preparación de locais para albergar ao persoal. Encárgase da información e chamamento do voluntariado, a súa asistencia médica, psicolóxica e de intendencia alimentaria e hixiénica. Coordina a acción dos grupos operativos e brigadas nas costas, repartindo tarefas con mando nos aspectos relativos á seguridade e actuación en limpeza. |
![]() ![]() |
|||||||||||||