vigohoxe  
Nunca mais
Dispositivo municipal Voluntariado Limpeza Axudas Aves Mapa Noticias Ligazóns Agradecementos Hemeroteca


Aves afectadas

Protocolo de actuación con aves afectadas por fuel

  • No caso de atopar aves afectadas polo fuel debe chamarse ao teléfono 085 de coordinación da súa recollida. De tratarse de exemplares mortos trasládanse ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cotorredondo para facer unha estimación do alcance de poboación afectada pola marea negra. De estaren vivas, lévanse a unha zona habilitada no Polígono Industrial do Campiño en Pontevedra.

  • A captura da ave debe levarse a cabo coa maior rapidez e coidado posible, tanto para o animal como para o recolledor. Cómpre facelo sempre con luvas de goma para evitar feridas nas que poida introducirse fuel.

  • Envolver a ave con papel secante ou cun pano, de maneira que a cabeza e as patas lle queden fóra, prestando un especial coidado aos ollos, moi delicados.

  • Suxeitar o papel con cinta de embalar, procurando non apretar demasiado.

  • Introducir o animal nunha caixa de cartón, segundo o seu tamaño. De ser posible utilizarase unha caixa por ave. A caixa estará provista duns buratos na parte inferior dos laterais e a ser posible con periódicos no seu interior.

  • Anotar na caixa os seguintes datos: Data, lugar de recollida, especie, tanto por cento de fuel no corpo, estado da ave (bo, regular, malo).

    MÁIS INFORMACIÓN SOBRE AVES


  • © Concello de Vigo