Volver á paxina principal

Oficina virtual: Queixas e suxestións

Este apartado está creado para a defensa dos intereses dos veciños e veciñas nas relacións co Concello. Pode comunicar accións de mellora ou deficencias no funcionamento dos servizos municipais.

O dereito a presentar queixas e suxestións corresponde a todos os cidadáns, podendo ser exercitado por toda persoa física ou xurídica sen limitación algunha.

As queixas e suxestións serán tratadas de forma individual e con un seguimento da súa tramitación. Deberán conter como mínimo o nome e apelidos, o enderezo, o Documento Nacional de Identidade ou o seu equivalente e a exposición do seu obxecto.

Non se admitiran as queixas que estean pendentes de resolución xudicial, as anónimas e aquelas nas que se advirta abuso de dereito, carencia de fundamento, inexistencia de pretensión, así como aquelas outras cuxa tramitación irrogue prexuízo ó lexítimo dereito de terceira persoa.

 

Avisos

No caso de que non se quera aportar identificación do interesado pódense mandar avisos para a mellora dos servizos municipais pero non poderá recibir información de resposta nin seguir o seu estado da súa tramitación.