Escudo Concello de Vigo
Pagamento de recibos

Oficina tributaria

Pagamento de recibos

O Concello remitirá aos domicilios fiscais dos contribuíntes un aviso de pagamento que consta de tres exemplares, co que se poderá facer o ingreso en calquera entidade de depósito colaboradora coa recadación municipal (a práctica totalidade das mesmas), ou ben directamente na oficina da entidade de depósito que presta o servizo de caixa da Corporación sita no interior da Casa Consistorial, ata a data límite de ingreso que se sinala naquel, no horario de caixa establecido por cada entidade para o pagamento dos recibos non domiciliados.

O ingreso tamén poderá efectuarse a través de Internet, mediante tarxeta de crédito ou débito, na oficina virtual (pagamento de recibos) ou dende a carpeta cidadá do Concello de Vigo. Este servizo será totalmente gratuíto para os usuarios, calquera que sexa a entidade financeira emisora da tarxeta coa que se efectúa o aboamento.

Lista de trámites

Alta na Taxa por Recollida de Lixo en Locais Destinados a Garaxes de Uso Privado

En locais destinados a garaxes para uso privado, entenderase como declaración de alta na taxa de lixo, a solicitude de licenza para vado permanente formulada en impreso regulamentario no que procederá realizar autoliquidación da taxa de recollida de lixo do ano en curso se a solicitude se presenta antes do 30 de xuño ou ben, do segundo semestre do ano en curso, se a solicitude se presenta con posterioridade á citada data.

O exemplar entregado ao solicitante surtirá os efectos de notificación de alta no Padrón da taxa de lixo, non sendo preceptiva a notificación expresa das liquidacións subseguintes á presente.

Autoliquidación do Imposto sobre Incremento do Valor de Terreos de Natureza Urbana (Plusvalía)

Liquidación do Imposto que grava o Incremento de Valor que experimentan os Terreos de Natureza Urbana e que se pon de manifesto coa transmisión da súa propiedade por calquera título (compra-venda, permuta, apartación, donación, herdanza...).

Baixa no sistema especial de pago (Conta Fácil 10)

Mediante este trámite vostede solicita darse de baixa do sistema especial de pago (CONTA FACIL 10).


Comunicación de Arrendamento de Local para Actualizar el Padrón de Lixo Industrial-Comercial (EUI)

Os titulares catastrais de locais de uso distinto á vivenda tributan, no caso de locais pechados ou sen uso, cunha cota mínima de disponibilidade do servizo en contía igual á tarifa de vivenda (Artigo 1.2. da Ordenanza).

Estes titulares deberán comunicar ao Concello os arrendamentos daqueles, para causar baixa como suxeitos pasivos da taxa do lixo-industrial (EUI), ao tempo que causará alta o titular da actividade económica desenvolvida no local.

Fraccionamento do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO): Autoliquidación

Solicitude para fraccionar o pago do imposto que grava a realización en todo o termo municipal de calquera construción, obra ou instalación para a que se esixa licenza urbanística.

Poderá ingresar as cotas provisionais nos seguintes períodos:

- 50% da liquidación provisional no prazo dun mes dende a notificación da licenza.

- O resto no prazo de 7 meses dende a notificación daquela.

Esta autoliquidación ten carácter provisional debendo o/a contribuinte, ao rematar as obras, presentar certificación do custo real das mesmas co fin de esixir ou reintegrar, no seu caso, a cantidade que corresponda da liquidación definitiva.

Modificación do Suxeito Pasivo no Caso de Varios Cotitulares sobre un Mesmo Feito Impoñible

O suxeito pasivo obrigado ao pagamento da débeda tributaria é único, ainda que concorran varios cotitulares sobre un mesmo obxecto tributario.

Sen embargo, cando un ben inmoble pertence a varios titulares, existe a posibilidade de que cada ano pague o imposto un cotitular, sempre e cando con relación co devandito inmoble este cotitular figure inscrito no Catastro.

Pagamento da Taxa de Exaccións Unificadas Industrais (EUI)

Lixo Industrial:

Pago da taxa de prestación de servicio de recepción obrigatoria de recollida de residuos sólidos urbanos no termo municipal de Vigo, o seu transporte ós centros de eliminación e posterior tratamento.

Entrada de vehículos:

Ocupación da vía pública para entradas de vehículos ao interior de edificios, fincas ou locais.

Pagamento da Taxa por Recollida de Lixo en Vivendas

Pago da taxa de prestación de servicio de recepción obrigatoria, a recollida de residuos sólidos urbanos no termo municipal de Vigo, o seu transporte ós centros de eliminación e posterior tratamento.

Pagamento de Contribucións Especiais

O Concello poderá acordar a imposición e ordenación de Contribucións especiais, cumpridas as circunstancias que conforman o feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible das Contribucións especiais a obtención por unha persoa dun beneficio ou incremento de valor dos seus bens como consecuencia da realización das obras ou do establecemento ou ampliación de servizos municipais.

Procederá a imposición de Contribucións especiais pola mera realización de obras ou establecemento ou ampliación de servizos, independentemente da utilización dunhas e outros por parte da persoa beneficiaria.

Pagamento de recibos en período executivo

Trámite que informa sobre como realizar o pagamento das débedas de dereito público en período executivo.

Pagamento do Imposto de Bens Inmobles (IBI)

O Imposto sobre Bens Inmobles é un tributo directo de carácter real que grava o valor dos Bens Inmobles sitos no termo municipal de Vigo, establecido con carácter obrigatorio no RDL 2/2004 de 5 de marzo (TR da Lei Reguladora das Facendas Locais).

Pagamento do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE)

O Imposto sobre Actividades Económicas é un tributo directo de carácter real, establecido con carácter obrigatorio no RDL 2/2004 de 5 de marzo (TR da Lei Reguladora das Facendas Locais) e regulado de conformidade co que dispoñen os artigos 78 e 91 da citada disposición legal.

Pagamento do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO): Liquidación Complementaria

Pago do diferencial entre a cuota provisional e definitiva do imposto que grava a realización en todo o termo municipal de calquera construción, obra ou instalación para a que se esixa licenza urbanística.

Pagamento do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO): Liquidación Provisional

Pago do imposto que grava a realización en todo o termo municipal de calquera construcción, obra ou instalación para a que se esixa licenza urbanística.

Pagamento do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)

O imposto sobre vehículos de tracción mecánica é un tributo municipal, directo e obrigatorio regulado nos artigos 92 a 99 da RDL 2/2004 de 5 de marzo (TR da Lei Reguladora das Facendas Locais).

Este trámite de pagamento é so para o caso de non ter domiciliado o pago e de non tratarse dunha nova alta.

Cando se trate de vehículos de alta por primeira vez por seren de nova matriculación o imposto ingresarase polo sistema de autoliquidación. Esta formularase en impreso regulamentario, que facilita o Rexistro Xeral, con carácter previo á inscrición do vehículo no Rexistro da Xefatura Provincial de Tráfico (ver trámite relacionado) .

Pagamento pola Utilización das Dependencias do "Verbum - Casa das Palabras" (Autoliquidación)

Mediante este trámite vostede poderá facer o pagamento do prezo público pola prestación de Servicio de utilización de “VERBUM-Casa das Palabras”, unha vez concedida a autorización para as datas sinaladas.

Sistema Especial de Pagamento dos Recibos Periódicos (Conta Fácil 10)

A conta fácil 10 é un sistema especial de pago que lle permite fraccionar en 10 mensualidades a totalidade dos seus recibos periódicos.

Os recibos aos que se refire o apartado anterior son os seguintes:

- Imposto sobre Bens Inmobles.

- Imposto sobre Actividades Económicas.

- Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.

- Taxa pola recollida do lixo domiciliaria.

- Exaccións Unificadas Industriais.

Solicitude de Alta / Modificación da Conta Bancaria para Recibir o Pagamento Mediante Transferencia por parte do Concello

Trámite que deben realizar aquelas empresas ou profesionais que presten servizos ao Concello de Vigo para dar de alta ou modificar os datos bancarios da conta corrente onde desexan recibir as transferencias realizadas polo Concello correspondentes ás súas facturas, previa tramitación e aprobación das mesmas.

Solicitude de Aprazamento de Pago (Período Voluntario)

Poderá aprazarse o pagamento da débeda, tanto en período voluntario como executivo, trala petición dos obrigados cando a súa situación económica-financeira, discrecionalmente apreciada pola Administración Municipal de conformidade coas regras dos artigos 41 e seguintes da Ordenanza Fiscal Xeral, impídalles, transitoriamente, efectuar o pagamento dos seus débitos.

Non obstante o anterior inadmitiranse as solicitudes de aprazamento que inclúan débedas en período voluntario e outras en vía executiva, polo que deberán presentarse en distintas solicitudes.

Solicitude de Baixa no Sistema Especial de Pago do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI)

Mediante este trámite vostede solicita darse de baixa do sistema especial de pago do IBI.

Solicitude de Fraccionamentos de Pago (Período Voluntario)

Poderá fraccionarse o pagamento da débeda, tanto en período voluntario como executivo, trala petición dos obrigados cando a súa situación económica-financeira, discrecionalmente apreciada pola Administración Municipal de conformidade coas regras dos artigos 41 e seguintes da Ordenanza Fiscal Xeral, impídalles, transitoriamente, efectuar o pagamento dos seus débitos.

Non obstante o anterior inadmitiranse as solicitudes de fraccionamento que inclúan débedas en período voluntario e outras en vía executiva, polo que deberán presentarse en distintas solicitudes.

 
 

Concello de Vigo

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100