Escudo Concello de Vigo
Domiciliación de recibos

Oficina tributaria

Domiciliación de recibos

Vostede poderá facer o pagamento dos tributos municipais de cobro periódico mediante domiciliación bancaria, de forma sinxela a través da carpeta cidadá ou ben entregando o modelo de solicitude no Rexistro Xeral do Concello na forma descrita no trámite correspondente.

As/os contribuíntes que teñan domiciliado o tributo non recibirán a documentación de pagamento, cargándoselles na conta indicada o importe correspondente o último día do período voluntario. As devolucións que se produzan causarán baixa automáticamente no ficheiro xeral de domiciliacións do Concello para exercicios sucesivos.

As/os contribuíntes que tiveran os seus tributos domiciliados e aínda así reciban nos seus domicilios o documento de pagamento, será porque a domiciliación é incorrecta. Deberán entregar o xogo de documentos na entidade bancaria que o tratará como un cobro de ventá sen prexuízo de que, unha vez asinada a autorización, sexa informatizada a citada domiciliación para exercicios posteriores.

Lista de trámites

Baixa da domiciliación de impostos e taxas

Este trámite permite anular a domiciliación na conta bancaria do pago dos recibos que se indiquen.

Os tipo de recibos dos que pode anular a domiciliación son os seguintes: Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), Recollida de Lixo Vivendas, Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), Exaccións Unificadas Industriais (EUI) e Imposto de Actividades Económicas (IAE)

A domiciliación bancaria supón o cargo, o último día do período voluntario, na conta indicada polo contribuínte, do importe do recibo emitido anualmente, polo que coa anulación da domiciliación debe realizar o pago dos seus recibos no prazo fixado no calendario do contribuínte que figura na carta de pago que se lle enviará ao seu domicilio de notificaciones por correo ordinario.

Domiciliación da Taxa de Exaccións Unificadas Industriais (EUI)

Este trámite permite domiciliar na conta bancaria o pagamento dos recibos do Imposto de Exaccións Unificadas Industriais (EUI).

A domiciliación bancaria supón o cargo, o último día do período voluntario, na conta indicada polo contribuinte, do importe do recibo emitido anualmente.

Domiciliación da Taxa pola Recollida de Lixo Vivendas

Este trámite permite domiciliar na conta bancaria o pagamento da Taxa pola Recollida de Lixo en Vivendas.

A domiciliación bancaria supón o cargo, o último día do período voluntario, na conta indicada polo contribuinte, do importe do recibo emitido anualmente.

Domiciliación do Imposto de Actividades Económicas (IAE)

Este trámite permite domiciliar na conta bancaria o pagamento dos recibos do imposto de Actividades Económicas (IAE).

A domiciliación bancaria supón o cargo, o último día do período voluntario, na conta indicada polo contribuinte, do importe do recibo emitido anualmente.

Domiciliación do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)

Este trámite permite domiciliar na conta bancaria o pagamento dos recibos do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM).

A domiciliación bancaria supón o cargo, o último día do período voluntario, na conta indicada polo contribuinte, do importe do recibo emitido anualmente.

Domiciliación do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI)

Este trámite permite domiciliar na conta bancaria o pagamento dos recibos do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI).

A domiciliación bancaria supón o cargo, o último día do período voluntario, na conta indicada polo contribuinte, do importe do recibo emitido anualmente.

Modificación dos datos bancarios para a domiciliación dos tributos municipais de cobro periódico

Este trámite permite modificar a conta bancaria para o pagamento dos recibos dos tributos municipais de cobro periódico.

Os pasos a seguir son os mesmos que para dar de alta a domiciliación.

 
 

Concello de Vigo

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100