Pleno: Plenos: Aprobaciones y órdenes del día
Lista de noticias
Noticias
-
06/09/2010. O Pleno insta á contratación do "fundamental" proxecto de execución do túnel de Julián Estévez
-
A moción, presentada polo PP, foi respaldada polo goberno local polo "fundamental" da infraestrutura para a ETEA, Teis e toda a cidade de Vigo e porque a Xerencia de Urbanismo desta semana dará luz verde á adxudicación da redacción deste proxecto, estimada en 10 meses. A Xunta de Galicia asumirá o custo do mesmo, por valor de 1,1 millóns de euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
06/09/2010. A Corporación acorda non incluir nos orzamentos municipais de 2011 partidas para o "plan Moneo" da Praza do Rei
-
Socialistas, nacionalistas e populares votaron conxuntamente para que os orzamentos municipais do vindeiro ano non inclúan partida económica alguna destinada ao "plan Moneo", o proxecto do prestixioso arquitecto para a reordenación do entorno da Praza do Rei, que inclúe o derrubo da casa consistorial. O edil de Patrimonio e Xestión Municipal, Carlos Font, reiterou que "o proxecto Moneo non vaille custar un euro aos vigueses". (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
06/09/2010. O pleno aproba a ordenanza que regula as axudas á rehabilitación de vivendas do Casco Vello e Bouzas
-
O pleno da corporación municipal aprobou hoxe por unanimidade a ordenanza reguladora das axudas á rehabilitación de vivendas defendida polo concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez. O edil nacionalista destacou na súa intervención a importancia que teñen os plans de rehabilitación de vivendas e a instalación de novos servizos para frear o despoboamento do Casco Vello e do barrio histórico de Bouzas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
06/09/2010. O pleno aproba dúas declaracións institucionais con motivo da celebración do Día do Cooperante e a Declaración do Milenio
-
O pleno da corporación municipal aprobou por asentimento dúas declaracións institucionais con motivo da conmemoración o 8 de setembro do Día do Cooperante e a adopción da Declaración do Milenio de Nacións Unidas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
26/07/2010. O Pleno insta á Xunta de Galicia a mellorar o sistema galego público de servizos sociais
-
A proposta do BNG, o goberno municipal aprobou coa oposición do PP unha moción para pedir ao executivo autonómico melloras como a implantación da Tarxeta Social Galega, a elaboración dunha lei galega de inclusión social ou a revisión urxente da regulación da renda de integración social, entre outras. O Pleno tamén aprobou solicitar da Xunta o mantemento da educación permanente de adultos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
26/07/2010. A Corporación modifica o Plan Especial de San Roque e debate sobre a ubicación do albergue
-
A modificación do PERI da San Roque, que afeta á parcela municipal proposta para a edificación dun albergue en Ribadavia, xerou un debate plenario entre os tres grupos políticos sobre a ubicación definitiva do centro de inclusión social que prevé construir o Concello. Por outra banda, o Pleno validou unha modificación de crédito para que Educación invista 244.000 euros máis en melloras en dez centros educativos de Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
26/07/2010. O Concello estudará mellorar a axilidade da Central de Comunicacións da Policía Local
-
O Pleno da Corporación Municipal celebrado este luns aprobou por unanimidade que o goberno municipal estude as posibilidade de mellora da centralita da Policía Local, para asegurar a maior axilidade na prestación de servizos e singularmente na atención das emerxencias. O Pleno tamén acordou, a instancias do PP, a constitución da Comisión de Xustiza e a realización de melloras nos parques de A Guía e A Riouxa. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
28/06/2010. O Pleno acorda demandar á Xunta e ao Estado gravar máis aos que superen os 80.000 euros de ingresos
-
Os votos favorables do PSOE e BNG, coa oposición do PP, respaldaron a enmenda presentada conxuntamente no Pleno da Corporación celebrado este luns, acordo que solicita refornas no IRPF estatal e autonómico, unha taxa para as grandes fortunas e sobre o patrimonio e unha novo sistema de financiamento local. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
28/06/2010. A Corporación pide un reparto equilibrado dos fondos para cooperación da Xunta de Galicia
-
O Pleno da Corporación Municipal celebrado este luns acordou, a iniciativa do grupo socialista, instar á Xunta de Galicia a ter en conta o número de persoas desempregadas rexistradas en cada concello -cunha valoración mínima do 90%- para o reparto dos fondos para programas de cooperación. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
28/06/2010. O Pleno condena unánimemente o "desproporcionado ataque do exército israelí" á "Flotilla de la Libertad"
-
Os tres grupos políticos con representación municipal votaron unánimemente para condear o ataque israelí en augas internacionais á frota da axuda humanitaria que se dirixía a Gaza, cun resultado de numerosas vítimas mortais e feridos, ao tempo que Vigo expresa as súas condolencias ás familias e unha pronta recuperación dos feridos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)