Nesta sección recóllense os diferentes períodos para realizar os pagamentos de taxas e impostos municipais. Tamén se irán facilitando progresivamente as tarefas para que o cidadán poida facer a maior parte posible do proceso comodamente dende a súa casa.
Recadación Voluntaria
Apróbase o calendario fiscal do exercicio de 2010 para o período voluntario, segundo o seguinte:
- Imposto vehículos de tracción mecánica (IVTM):
- Comezo do período voluntario: 30 de marzo.
- Finalización do período voluntario: 31 de maio.
- Cargo en conta dos recibos domiciliados: 31 de maio.
- Taxa recollida do lixo vivenda:
- Comezo do período voluntario: 1 de xuño.
- Finalización do período voluntario: 2 de agosto.
- Cargo en conta dos recibos domiciliados: 2 de agosto.
- Exaccións unificadas industriais (Lixo industrial):
- Comezo do período voluntario: 1 de xuño.
- Finalización do período voluntario: 2 de agosto.
- Cargo en conta dos recibos domiciliados: 2 de agosto.
- Imposto sobre bens inmobles (IBI):
- Comezo do período voluntario: 1 de setembro.
- Finalización do período voluntario: 2 de novembro.
- Cargo en conta dos recibos domiciliados: 2 de novembro.
- Imposto actividades económicas (IAE):
- Comezo do período voluntario: 1 de setembro.
- Finalización do período voluntario: 2 de novembro.
- Cargo en conta dos recibos domiciliados: 2 de novembro.
Pode vostede ademais consultar a normativa que regula o prezo destes impostos e, en xeral, os de todos os servicios que presta o Concello.
Tamén pode consultar as normas de procedemento para o ingreso dos tributos municipais de cobro periódico e notificación colectiva do Concello de Vigo premendo aquí.
