A Axenda sen Coche é unha medida medioambiental, simbólica e exemplarizante pola que os cargos públicos adquiren o compromiso de prescindir dos vehículos oficiais e privados para asistir a determinados actos institucionais, co obxectivo de incentivar un transporte máis sostible e menos contaminante.
Esta iniciativa foi elevada polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, á Rede Española de Cidades polo Clima que preside e validada no Comité Executivo da entidade celebrado o 29 de setembro de 2009. Esta medida é un bo exemplo da concienciación dos cargos públicos coa sustentabilidade ambiental e posúe extremada relevancia, visibilidade e potencial efecto multiplicador na cidadanía.
Neste apartado indicaranse periódicamente os actos públicos aos que o alcalde de Vigo acudirá prescindindo do vehículo.
Semana do 16 ao 22 de Novembro 2009
Día 18
- 12:15 O alcalde visita aos traballadores do Plan de Cooperación de Parques e Xardíns. Rotonda do Castro.
- 17:00 O alcalde asiste á apertura do novo supermercado da cadena Lidl. Polígono da Gandariña. Meixueiro.
Semana do 9 ao 15 de Novembro 2009
- 12:00 O alcalde e representantes da empresa concesionaria visitan as obras do aparcadoiro de Jenaro de la Fuente. Jenaro de la Fuente con Aragón (esquina do edificio Bandeira).
Semana do 30 de Novembro ao 6 de Decembro 2009
Día 4
- 11:00 O alcalde preside a inauguración da humanización da rúa Simón Bolívar. Rúa Simón Bolívar con Venezuela
- 12:00 O alcalde asiste ao acto de homenaxe aos policías locais xubilados e aos que cumpren 25 anos de servizo. Edificio Municipal do Areal.
Semana do 29 de Marzo ao 4 de Abril 2010
Día 31
- 11:30 O alcalde visita a ampliación do parque infantil da Praza da Independencia. Parque da Praza da Independencia.
