Escudo Concello de Vigo

Vigo Wifi

Servizos que ofrece

Ofreceranse basicamente dous tipos de servizos de comunicacións electrónicas:

  • Acceso aos contidos dos servizos Web da Administración Local (Teleadministración) que se prestarán con carácter gratuíto independentemente do réxime operativo.
  • Acceso xeral a Internet polo que se cobrará en réxime ordinario. Este servizo ofrécese sen contraprestación económica temporalmente durante o réxime de gratuidade, e coas restricións que se detallan máis abaixo.

Acceso aos servizos Web da Administración Local

Dispoñibilidade de servizos e contidos necesarios para ofrecer aos cidadáns do Concello de Vigo a posibilidade de relacionarse coa Administración Local mediante sistemas telemáticos.

Entre as vantaxes que supón esta iniciativa pódese destacar a dispoñibilidade en todo momento para os cidadáns dos recursos administrativos. Tamén implica a posibilidade de utilizar estes servizos desde calquera localización, co consecuente aforro de tempo e desprazamentos, especialmente no caso de persoas con problemas de mobilidade, persoas maiores ou diminuídos físicos.

Acceso a Internet

O servizo de acceso a Internet que ofrecerá temporalmente o Concello de Vigo, durante o réxime de gratuidade, estará enfocado principalmente á navegación por Internet, cunha serie de restricións, co obxecto de minimizar o impacto competitivo:

  • Ámbito territorial de prestación do servizo moi limitado.
  • Velocidades máximas de transferencia de datos ao usuario que rolden os 250Kbps.
  • Limitación do horario de prestación do servizo de acceso a Internet.
  • Permitirase unicamente o tráfico de navegación Web a través dos protocolos http, https, e ssl.
  • Inhabilitación de sitios web relacionados con contido para adultos, sitios relacionados con actividades ilegais e redes P2P.

Unha vez o servizo haxa arraigado entre a cidadanía, e se comprobe a viabilidade económica do proxecto, darase por finalizado o réxime de gratuidade, e comezará o réxime ordinario, no que os usuarios terán que facer unha contraprestación económica polo mesmo. Neste réxime xa non haberá as restricións indicadas, aínda que neste intre non se definiron en detalle as condicións deste servizo.