Escudo Concello de Vigo

Vigo Wifi

Wifi na rúa

O Concello de Vigo, como actuación principal do Proxecto de Instalación de Rede de Acceso Inalámbrico, proponse o despregamento dunha Rede de Acceso Inalámbrico de carácter público para proporcionar o acceso a Internet de Banda Ancha en zonas públicas aos cidadáns.

Este proxecto está financiado ao 50% entre o Concello de Vigo e a Fundación CaixaGalicia

Durante a realización desta experiencia piloto, que ten unha estimación inicial dun ano, o Concello pretende establecer un período promocional que permita dar a coñecer o servizo entre a cidadanía, e con obxecto de fomentar e impulsar o uso do mesmo, o servizo prestaríase temporalmente en réxime de gratuidade.

  • Mapa do servizo: Neste apartado pode consultar o ámbito territorial inicial de cobertura da rede.
  • Como acceder: Consulte aquí todo o que necesita saber para acceder ao servizo.
  • Servizos que ofrece: Aquí pode consultar a oferta de servizos dispoñibles.

Calidade do servizo

Ao ser unha experiencia piloto, invitamos aos usuarios a que avalíen o servizo ofrecido comunicando calquera suxestión, queixa ou detección de fallos no correo 010@vigo.org indicando a situación desde onde se conecta e a calidade da conexión.

As mensaxes, na medida do posible, serán tidos en conta para mellorar o proxecto polo que agradecemos a súa colaboración.