Escudo Concello de Vigo

Vigo Wifi

Como acceder

Para acceder ao servizo o único requisito é ter un dispositivo (xa sexa un computador portátil, unha PDA, un teléfono móbil...) con conexión WiFi, atoparse dentro das zonas de cobertura e seleccionar a rede wifi_vigo.

Réxime de gratuidade

Inicialmente, mentres dure o réxime de gratuidade da rede, non será obrigado o rexistro dos usuarios. Unha vez conectado, poderá navegar de xeito restrinxido e limitado, tendo en conta que o tempo de uso do servizo e o tráfico solicitado serán controlados.

Ao termo do réxime de gratuidade pasarase ao réxime ordinario (con contraprestación económica polo servizo).

O acceso aos contidos dos servizos Web da Administración Local prestaranse con carácter gratuíto independentemente do réxime operativo.

Réxime ordinario

Para acceder ao servizo neste novo réxime, e baixo petición expresa do usuario, este deberá rexistrarse nas oficinas do Concello, ou ben on-line a través da páxina Web do Concello. Ao rexistrarse asignaráselle un nome de usuario e unha contraseña. A partir dese momento, e a condición de que se atope situado na área de cobertura dalgún punto de acceso da rede, o usuario poderá acceder á mesma, previa autenticación nela.

Unha vez autenticado (para iso o sistema pediralle o seu nome de usuario e contraseña), poderá navegar libremente tendo en conta que todos os parámetros da súa conexión, incluíndo o tempo de uso do servizo e o tráfico cursado, serán controlados para que así estes datos puedan ser procesados posteriormente, se fose necesario, para efectos de facturación, accións legais,...