- Inicio
- Servizos cidade
- Xerencia Municipal de Urbanismo
- Planeamento e Xestión
Xerencia Municipal de Urbanismo
Planeamento e Xestión
Área de Planeamento e Xestión
- Enderezo: Xerencia Municipal de Urbanismo. Praza do rei s/n. 36202 Vigo.
- Teléfonos de información: 986 810 349 - 986 810 325
- Email: urb.planeamento@vigo.org
- Web: www.vigo.org/planeamento
- Horario de atención: venres de 9:00 a 14:00 horas (previa cita telefónica).
A Oficina de Planeamento e Xestión está encargada da redacción e tramitación de todo tipo de plans urbanísticos, tanto de iniciativa pública como privada e do seguimento e execución do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
Entre os servizos que se prestan, están os de información e asesoramento especializado sobre o desenvolvemento do PXOM, información urbanística, avaliación ambiental estratéxica de plans e programas, expedición de informes, certificacións urbanísticas, actas de liña e rasante, e contestación a consultas urbanísticas especiais.
En relación coa execución do planeamento, nesta oficina lévase a cabo a información, seguimento e control dos instrumentos de equidistribución e proxectos de urbanización ata a súa recepción.
Servizos que se prestan
- Asesoramento técnico.
- Información sobre planeamento urbanístico: Plan xeral (PXOM) e Plans de desenvolvemento.
- Información sobre programación e estratexia de actuación do PXOM.
- Expedición de:
- Informacións urbanísticas.
- Certificacións urbanísticas.
- Cédulas urbanísticas.
- Actas de liñas e rasantes.
- Resposta a consultas urbanísticas especiais.
- Tramitación e seguimento da avaliación ambiental estratéxica (AAE) de plans e programas.
- Tramitación e asesoramento de instrumentos de equidistribución (proxectos de reparcelamento ou proxectos de compensación) e instrumentos de normalización de predios.
- Redacción, tramitación, seguimento e recepción de Proxectos de Urbanización.
Directorio de Planeamento e Xestión
- Plan Xeral de Ordenación Municipal. Planeamento xeral e as súas modificacións:
- Todas as cuestións relativas ao PXOM.
- Contidos PXOM. Páxina de navegación rápida polos contidos do PXOM.
- Todas as cuestións relativas ao PXOM.
- Planeamento de Desenvolvemento. Páxina de consulta con:
- Cadro xeral de ámbitos do PXOM con trámites.
- Planeamento de desenvolvemento con aprobación definitiva: PEPRI do Casco Vello, PERI IV-1 San Roque A, etc.
- Planeamento de desenvolvemento en tramitación. PEPRI de Bouzas, etc.
- Avaliación ambiental estratéxica de plans e programas.
- Execución do planeamento: Proxectos de urbanización, información sobre avaliación do impacto ambiental, etc.
- Preguntas Frecuentes: Preguntas máis frecuentes sobre o planeamento, o PXOM e outras consultas urbanísticas.
- Enlaces de interese: Páxinas externas con información do planeamento urbanístico de Vigo.
Trámites de Planeamento e Xestión
Trámites e Procedementos de Planeamento e Xestión, na Sede Electrónica, proporciónalle unha listaxe cos trámites relacionados con este servizo, ademais de toda a documentación necesaria, os formularios e impresos, taxas e demais cuestións relacionadas con cada un.
