Xerencia Municipal de Urbanismo
A Oficina de Rehabilitación está encargada de tramitar as axudas establecidas e comprometidas para a posta en valor dos ámbitos históricos de Casco Vello e Bouzas e doutros como Coia, Santa Clara, Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo e San Roque e recentemente os de Fenosa, A Salgueira, O Gorxal e descontinuo de Alcalde Lavadores-Canicouva-Escolas Públicas. Tamén suxire intervencións nos espazos públicos, alicientes que se valoran para xerar novas actuacións nestas áreas da cidade.
Desde esta Oficina estamos tramitando os expedientes de subvención das Areas de Rehabilitación Integral (ARI) ao abeiro do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 á espera da publicación do novo Plan Vivenda, así como os expedientes da primeira, segunda e terceira convocatorias de axudas dos Contornos Residenciais de Rehabilitación Programada (ERRP) declarados polo Concello de Vigo, encadrados no 1º Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio, dentro do Real Decreto 853/2021, de 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social del Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Calquera persoa interesada en recibir información ou en que se realice unha visita ao inmoble a rehabilitar nos ámbitos ARI ou ERRP, pode presentar por rexistro na Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo o seguinte formulario xunto coa documentación acreditativa correspondente (da titularidade do inmoble e o DNI/CIF do solicitante).
Para os ámbitos de Casco Vello, Bouzas, rúas Bueu-Moaña en Coia, Casas Santa Clara, Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo e San Roque.
En data 16/03/2026 asínase a 3ª Addenda dentro do programa de Barrios que permite redirixir o financiamento dispoñible aos contornos con máis demanda e con expedientes pendentes en lista de espera e desistir dos ERRPs de Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo, Fenosa e O Gorxal.
As solicitudes que obteñan a Resolución favorable ou condicionada deberán dispoñer dun cartel do programa de rehabilitación que se colocará no inmoble para o que se conceden as axudas, seguindo os requisitos que figuran no Manual de imaxe do programa que está dispoñible na páxina web do Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana, ou utilizar o seguinte modelo:
As actuacións que teñan rematada a obra, deberán dispoñer un cartel publicitario de carácter permanente, de tamaño suficiente para que sexa perfectamente visible e lexible, no que conste claramente o título do proxecto e a denominación e a imaxe do Programa e que mencione a axuda económica outorgada pola Unión Europea incluíndo o logo da UE e o lema «Unha maneira de facer Europa», utilizando o seguinte modelo:
Pódense consultar os formularios da primeira e segunda convocatoria de ERRPs no apartado de normativa de rehabilitación

O 6 de outubro de 2022 o Concello de Vigo aprobou a declaración de 12 Contornos de Rehabilitación, coa sinatura da terceira Addenda desestimáronse cinco, quedando financiamento dispoñible en tres dos 7 ERRPs do Concello.
O 11 de maio de 2023 asinouse o acordo entre o Concello, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda urbana e posteriormente asináronse tres Addendas que posibilitan a apertura de novas convocatorias.
Casco Vello, Bouzas, Coia, Casas de Santa Clara, Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo, San Roque, Fenosa, A Salgueira, O Gorxal, Alcalde Lavadores-Canicouva-Escolas Públicas
Poderán ser beneficiarios os propietarios de edificios de vivendas ou de vivendas unifamiliares, as comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal, as sociedades cooperativas, as empresas arrendatarias ou concesionarias do edificio, e as persoas físicas ou xurídicas que posúan un dereito real sobre o inmoble que lles permita acometer as actuacións, ou os inquilinos autorizados polo propietario.
As axudas máximas previstas están resumidas no seguinte cadro:
|
AXUDAS MÁXIMAS POR VIVENDA |
SEN LIMITE DE INGRESOS FAMILIARES2* |
INGRESOS FAMILIARES 2* entre 17.640€ e 21.840€ |
INGRESOS FAMILIARES 2* ≤ 17.640€ |
||||||||
|
|
VIVENDA EN EDIF. RESIDENCIAL |
VIVENDA UNIFAMILIAR |
VIVENDA EN EDIF. RESIDENCIAL |
VIVENDA UNIFAMILIAR |
|||||||
|
Aforro enerxético 1* |
Porcentaxe máxima orzamento |
Contía máxima vivenda |
Contía máxima locais/m² |
Porcentaxe máxima orzamento |
Contía máxima vivenda |
Porcentaxe máxima orzamento |
Contía máxima vivenda |
Porcentaxe máxima orzamento |
Contía máxima vivenda |
Porcentaxe máxima orzamento |
Contía máxima vivenda |
|
Entre 30 % e 45 % |
40 % |
8.100 € |
72 € |
60 % |
12.150 |
60 % |
13.530,00 |
100 % |
20.250 |
100 % |
22.550,00 |
|
Entre 45 % e 60 % |
65 % |
14.500 € |
130 € |
75 % |
16.731 |
75 % |
18.404,10 |
100 % |
22.308 |
100 % |
24.538,80 |
|
+ 60 % aforro |
80 % |
21.400 € |
192 € |
90 % |
24.075 |
90 % |
26.482,50 |
100 % |
26.750 |
100 % |
29.425,00 |
1* O aforro no consumo enerxético mínimo é dun 30% e tamén se deberá acadar unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de alo menos un 25%.
2* Os ingresos ponderaranse de acordo coa composición da unidade familiar
Na cidade de Vigo están declaradas oito Áreas de Rehabilitación Integral, a do Casco Vello en 1997, en 2003 a do Barrio Histórico de Bouzas e en 2015 declaráronse as Áreas de Rexeneración e Renovación Urbana do Grupo de Casas de Santa Clara e a de Bueu-Moaña en Coia, nestá última aprobouse unha ampliación en 2018 e por último, no ano 2021 declaráronse as Áreas de Rehabilitación de Ámbitos Urbanos de Beiramar, San Roque, Espiñeiro-Teis e San Pablo.
O 06.10.2022 o Concello de Vigo aprobou a declaración de 12 Contornos Residenciais de Rehabilitación Programada (ERRP):
Casco Vello, Bouzas, Coia, Casas de Santa Clara, Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo, San Roque, Fenosa, A Salgueira, O Gorxal e Alcalde Lavadores-Canicouva-Escolas Públicas.
As delimitacións das ARIs xa declaradas coinciden coas dos novos ERRPs a excepción de Coia que se amplía.
Todas as delimitacións das ARIs e dos ERRPs do Concello pódense consultar nos seguintes enlaces:
Neste apartado incorpóranse programas de axudas compatibles coas axudas nas ARIS e nos ERRPs.
Neste apartado incorpóranse outros programas de axudas:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100