- Inicio
- Servizos cidade
- Xerencia Municipal de Urbanismo
- Normas e ordenanzas urbanísticas
Nesta sección recóllense as disposicións e normas concretas, aprobadas polas Comisións e o Pleno Municipais, e que afectan á planificación urbanística da cidade (textos oficiais dispoñibles en versión galego).
Normas urbanísticas
Normas urbanísticas de Vigo. Normativa urbanística completa do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) con aprobación definitiva parcial do 16.05.2008 publicada no BOP n.º 151 do 6 de agosto de 2008. (Formato pdf, 447 páxinas, 16,5 MB, versión en galego)
Protocolo de actuación para o seguimento e recepción das obras de urbanización de iniciativa privada no Concello de Vigo. Aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local en sesión do día 14.09.2009, publicado no BOP n.º 222, o 17 de novembro de 2009. (Formato pdf, 3 páxinas, 41 Kb, versión en galego).
Xunta de Compensación
Estatutos de Xunta de Compensación. Bases de actuación. Estatutos xerais de Entidade Urbanística de Conservación .Texto oficial do modelo xeral de bases e estatutos de Xunta de Compensación. Estatutos de Entidade Urbanística de Conservación. Aprobación definitiva. (Expediente: 4462/401). Publicación BOP n.º1 de 4 de xaneiro de 2004. (Formato pdf, 20 páxinas, 113 Kb, versión en galego).
Inspección Técnica de Edificacións (ITE)
Ordenanza municipal reguladora da inspección técnica de edificacións (ITE). Publicación BOP n.º 221, de 17 de novembro de 2010. (Formato pdf, 18 páxinas, 1280 KB, versión en galego). En vigor desde o 1 de xaneiro de 2011.
Ordenanza reguladora das bases polas que se regula o outorgamento das axudas aos propietarios que carezan de recursos suficientes para a realización da inspección técnica de edificacións. Publicación BOP n.º 104, de 30 de maio de 2008. (Formato pdf, 9 páxinas, 238 KB, versión en galego). Consulte e descargue na páxina do Servizo de Inspección Técnica de Edificacións, os impresos de solicitude e das declaracións que deben entregarse xunto con esta.
Rexistro municipal de soares e edificios a rehabilitar
Ordenanza reguladora do contido, organización e funcionamento do Rexistro municipal de soares e edificios a rehabilitar. Publicación BOP n.º 239, de 10 de decembro de 2008.
Rehabilitación de inmobles históricos
Ordenanza municipal reguladora das axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas na área de rehabilitación do centro histórico do Casco Vello e da área de rehabilitación integral do Barrio Histórico de Bouzas. Publicación BOP n.º 185, de 24 de setembro de 2010 da aprobación definitiva polo Pleno do Concello do 06.09.2010. (Formato pdf, 10 páxinas, 468 KB, versión en galego).
Ordenanza de equipos de telecomunicacións. Ordenanza municipal reguladora das condicións urbanísticas de localización, instalación e funcionamento dos elementos e equipos de telecomunicación. Publicacións: BOP n.º68 de 5 de abril de 2001 e a corrección de erros (anexos), do BOP n.º 91 de 11 de maio de 2001. (Formato pdf, 707 KB, 17 páxinas, versión en galego).
Ruídos e vibracións
Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida por ruídos e vibracións e declaración de zonas acusticamente saturadas (ZAS) . Regulamento de actuación municipal para protexer as persoas e os bens contra as agresións producidas polos ruídos e vibracións. Inclúe no anexo o Manual de procedemento do Concello de Vigo para a medición de ruídos e vibracións. Publicación BOP n.º 69, de 10 de abril de 2008. (Formato pdf, 207 KB, 32 páxinas, versión en galego).
Enerxía solar
Ordenanza municipal sobre enerxía solar. Ordenanza municipal sobre captación e aproveitamento da enerxía solar para usos térmicos en edificacións e instalacións no termo municipal de Vigo. Publicación BOP n.º7, de 11 de xaneiro de 2006. (Formato pdf, 252 KB, 12 páxinas, versión en galego).
Publicidade exterior
Ordenanza urbanística reguladora da publicidade exterior no termo municipal de Vigo. Publicación BOP n.º 68, de 8 de abril de 2003 da Ordenanza Urbanística reguladora da publicidade exterior no termo municipal de Vigo. Aprobada definitivamente polo Pleno do Concello de Vigo en sesión de 24.02.2003. (Formato pdf, 18 páxinas, 696 KB, versión en galego).

