Escudo Concello de Vigo

Xerencia Municipal de Urbanismo

Preguntas frecuentes

A oficina de Planeamento e Xestión responde nesta sección ás preguntas máis frecuentes, expostas por particulares, profesionais e promotores.

Para aclaracións ou consultas xenéricas escriba a: participa.planeamento@vigo.org

Para consultas específicas e particulares, acuda á Oficina de Información Urbanística ou solicite cita na Oficina de Planeamiento e Xestión.

 

Listaxe de preguntas máis frecuentes

  1. Como se pode coñecer detalladamente a situación urbanística dunha parcela determinada no Plan Xeral?.
  2. Como se presenta unha consulta urbanística?.
  3. Que é unha acta de liña e rasante?.
  4. Que documentos son necesarios para solicitar unha acta de liña e rasante?.

1. Como se pode coñecer detalladamente a situación urbanística dunha parcela determinada no Plan Xeral?.

Ten varias opcións:

  • Poderanse consultar os exemplares completos en formato de papel no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo:
    • Praza do rei s/n. Teléfono 986.810.349.
    • Horario: de luns a venres de 9:00 a 13:30 horas.

2. Como se presenta unha consulta urbanística?.

Poderanse formular consultas por escrito relativas á situación urbanística dunha parcela, dun solar, dun inmoble ou local, así como dos actos ou usos do solo ou subsolo permitidos e do procedemento de tramitación aplicable para a actuación de que se trate.

A consulta presentarase en documento normalizado xunto co xustificante do pago das taxas correspondentes. Pode atopar as indicacións precisas na Sede Electrónica:

3. Que é unha acta de liña e rasante?.

É o plano formalizado pola Administración Municipal, subscrito por técnico competente, no que se sinalan, ademais das circunstancias de deslinde, o estado da urbanización, se a parcela reúne ou non a condición de solar, a superficie aproximada de cesión gratuíta ou de expropiación, se é o caso, a súa formalización e o importe aproximado dos gastos de urbanización afectos á leira, se os houbese.

4. Que documentos son necesarios para solicitar unha acta de liña e rasante?.