Voluntariado (OMV)

Noticias de Voluntariado

Lista de noticias

Noticias

2024-03-12. O voluntariado inicia a súa formación en Bouzas

Foto noticia
Esta tarde comezan os cursos do voluntariado na Oficina de Distrito de Bouzas de 17 a 21 horas co obxectivo de mellorar a acción dos 805 voluntarios municipais. As persoas interesadas poden inscribirse no 010. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-02-22. Os voluntarios do Concello terán formación para mellorar a súa acción

Foto noticia
O alcalde deu conta do comezo de distintos cursos para os 805 voluntarios do Concello co obxectivo de mellorar a súa asistencia. As inscricións poden facerse no 010. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2024-01-12. Integrantes da Asociación de Persoas Xordas de Vigo achéganse á arte urbana da cidade

Foto noticia
O grupo de voluntariado cultural do Concello organizou este venres un percorrido inclusivo polos diferentes murais que conforman o programa municipal de arte urbana que suma máis de 177 obras repartidas por toda a cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-12-04. Vigo conta con novos voluntarios en axuda a maiores e primeiros auxilios

Foto noticia
Abel Caballero explicou este luns aos receptores do diploma que lles acredita como voluntarios que o Concello quere converter a Vigo nesta lexislatura na "Cidade do voluntariado". Ao entregarlles o diploma que certifica a formación básica recibida polo axuntamento de Vigo, tamén destacou o traballo que realizan os que perceptores dos diplomas tanto para un bo acompañamento a persoas maiores, menores e con discapacidades, así como en habilidades de comunicación, en primeiros auxilios, entre outros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-11-28. O voluntariado cultural do Concello celebra unha xornada de lectura e música

Foto noticia
A Casa Galega da Cultura acolle este mércores 29 de novembro un encontro de lectura coa música como fío condutor. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-11-21. O goberno local invita aos escolares a participar nunha campaña de fomento do voluntariado

Foto noticia
Abel Caballero anunciou este martes que o Concello proxecta "potenciar e fomentar de forma notable" en Vigo o voluntariado. Para conseguir este obxectivo desenvolverase unha campaña informativa que colocará o eixo nos centros educativos e na mocidade viguesa. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-01-12. O goberno local adica 95.000 euros á Fundación Laxeiro

Foto noticia
A Xunta de Goberno aprobou a transferencia á subvención á Fundación Laxeiro cun importe de 95.000 euros para o seu mantemento. Abel Caballero lembrou que o Concello está a traballar na exposición de Laxeiro no MARCO que comezará no mes de febreiro e nas rutas Laxeiro para dar a coñecer a cidade a través dos lugares que forman parte da vida do pintor. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-12-05. O goberno municipal recoñece o labor do voluntariado municipal

Foto noticia
No Día Internacional dos Voluntarios, o Concello quixo recoñecer o valor do traballo que desenvolven as arredor de 800 persoas que participan na acción social na cidade da man do goberno da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-03-22. O Concello arranca en Bouzas seis cursos de formación para voluntariado

Foto noticia
O goberno local segue na procura de seguir avanzando no voluntariado polo que volve convocar cursos de formación que se ofertarán en marzo e abril no centro municipal de distrito de Bouzas. Son seis os obradoiros e o prazo de inscrición permanece aberto no 010. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2020-12-17. O goberno de Vigo reparte entre a cidadanía outras 45.000 máscaras faciais

Foto noticia
Cedidas polo Goberno de España, o Concello entrégaas principalmente entre colectivos vulnerables e/ou en risco de exclusión, que reciben 30.000. Outras 10.000 se distribuirán nos mercados municipais e as 5.000 restantes, a asociacións de maiores. Desde primavera, Vigo facilitou en total case que 300.000 máscaras, segundo subliñou este xoves o alcalde. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100