Distintos corpos e organismos municipais traballan pola seguridade dos cidadáns.
A Policía Local presta servicios como actuacións sobre sucesos e accidentes na vía pública, localización de persoas, control de ruídos, asesoramento sobre os trámites municipais e seguimento de problemas que non poden ser resoltos coa intervención dunha patrulla.
Os Bombeiros desenvolven o seu traballo no eido da extinción de incendios e do salvamento, mentres que Protección Civil realiza funcións de apoio a prol da seguranza de bens e de persoas en actividades deportivas, lúdicas ou desastres naturais como inundacións.
