Sanidade e Saúde

Menús verán

En primeiro lugar imos achegar unha serie de ensaladas que poderemos utilizar para a comida tanto se estamos na nosa casa coma se estamos fóra, ben sexa no monte ou na praia.

Para a comida:

A. Ensalada de pasta: Aproximadamente: 165 Kcal.

Ingredientes: Para 4-5 persoas

  • 100 g. de pasta de trigo.
  • 1 zanahoria.
  • 200 g. guisantes.
  • 200 g. xudías verdes.
  • Vinagre, pementa, aceite e sal.

Preparación:

Comezamos fervendo a pasta nunha cazuela con auga salgada fervendo, cocémola ata que este a o dente e logo se escurre.

Mentres tanto procedemos a lavar e cortar picadito as xudías e as zanahorias e ponse a ferver na cazuela con auga salgada fervendo cos guisantes.

Cando xa están cocidas podémolas escurrir deixándoas arrefriar uns minutos.

A continuación mestúranse coa pasta nunha ensaladera e aderézanse ao gusto con sal, pementa, aceite e vinagre. Podémola tomar tanto morna como fría.

 

B. Ensalada de pavo e piña: Aproximadamente: 507 Kcal.

Ingredientes: Para 4-5 persoas.

  • 2 coxas de pavo.
  • ½ piña.
  • 200 g. de queixo emmental.
  • 1 cogollo de leituga.
  • 1 cunca de maionesa.
  • 2 cucharaditas de kepchup.
  • 1 cucharadita de brandy.
  • Pementa en gran e sal.

Preparación:

Nun principio collemos as coxas de pavo deshuesados e pómolos a ferver nunha cazuela cun pouco de auga, sal e uns grans de pementa ata que estean tenros. Mentres imos cortado a piña en daditos e engadímoslla á ensalada.

O paso seguinte será engadir o queixo e a cebola ben lavada e picada. Cando a carne estea lista se escurre e trocea, a continuación integrámola á ensalada.

Revolvemos ben todos os ingredientes e engadimos a salsa rosa. (A salsa rosa facémola na batidora mesturando o kétchup, brandy e maionesa).

 

C. Ensalada de arroz: Aproximadamente 135 kcal.

Ingredientes: 6 persoas

  • ¼ kg. de arroz.
  • 1 lata de bonito.
  • 1 lata de anchoas.
  • 2 tomates duros.
  • 1 dente de allo.
  • Vinagre, aceite e sal.

Preparación:

Primeiro cocemos o arroz, unha vez que cocemos o arroz lavámolo baixo a billa e o escurrimos.

O paso seguinte será pór nunha fonte o bonito refugallo, por encima deste podemos pór as anchoas, os tomates cortados, os ovos cocidos e os trocitos de cebola. A ensalada aderézase con sal, aceite e vinagre. O mellor será servila ben fría.

Para a cea:

A. Ensalada de aguacate e gambas: Aproximadamente: 335 Kcal.

Ingredientes: Para 4-5 persoas

  • 3 aguacates maduros.
  • 200 g. de gambas peladas.
  • ¼ de cebola.
  • 1 vaso de zume de tomate.
  • Maionesa, pementa e sal.

Preparación:

Cocemos as gambas durante tres minutos nun recipiente de auga con sal.

A continuación cortamos os aguacates á metade, extraemos a pulpa e deixamos os aguacates para encher logo.

Machucamos a pulpa coa axuda dun tenedor e agregámoslle a cebola rallada e as gambas cortadas en trocitos, con este preparado énchense as cascaras dos aguacates.

A parte mestúrase nunha cunca maionesa co zume de tomate e aderezámola con sal e pementa. Vértese esta salsa sobre os aguacates e metémolos na neveira para que estean fríos no momento de servilos.

 

B. Ensalada de espinacas: Aproximadamente: 254 Kcal.

Ingredientes: 2- 3 persoas

  • 100 g. de espinacas.
  • 200 g. de queixo fresco.
  • 10 champiñones en lata.
  • 100 g. de cebolas.
  • 2 ovos cocidos.
  • 1 tomate, pementa, vinagre, jerez seco, aceite e sae.

Preparación:

As espinacas lávanse, se escurren, pícanse e bótanse nunha ensaladera. A continuación engadimos os champiñones, limpos e cortados en finas laminas e os ovos cocidos picados, o tomate e o queixo cortado en cuadraditos.

Para finalizar incorpóranse as cebolletas picadas e pódese aderezar como sae, aceite, vinagre, pementa segundo gatos e unhas pingas de jerez seco, móvese ben e sérvese.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100