Escudo Concello de Vigo

Servizos Sociais

O PLDA

Plan de Drogas

As adiccións supoñen un importante problema de saúde, debido a súa prevalencia e graves consecuencias a nivel sanitario e social.

O documernto técnico do PLDA recolle o conxunto de programas e intervencións estructuradas, planificadas e coordinadas a desenvolver no ámbito da promoción da saúde, con relación ao abordaxe integral das problemáticas que xurden no ámbito das drogodependencias e outras adiccións no Concello de Vigo.

 O PLDA promove a implicación, participación e coordinación das entidades e administracións que desenvolven accións no eido das adiccións, favorecendo o plantexamento de propostas de intervención comúns.

O PLDA é un instrumento dinámico que se revisa e modifica periódicamente co fin de adaptarse aos cambios que se producen no ámbito das drogodependencias e outras adiccións. Na actualidade, estase a desenvolver o III PLDA, que abrangue desde 2011 ata 2016.

O Plan Local sobre Drogodependencias e Outras Adiccións (PLDA) do Concello de Vigo para o período 2011-2016 III PLDA 2011-2016  é un documento de consenso, elaborado por profesionais das entidades colaboradoras (Guía de recursos sobre drogodependencias en Vigo), no que se propoñen obxectivos e estratexias de intervención no ámbito das conductas adictivas e a súa problemática asociada, a nivel local. Pretende ser un instrumento de coordinación entre as entidades prestatarias dos servizos e as diferentes administracións implicadas, perseguindo a maior eficiencia dos recursos dispoñibles, mediante a colaboración, cooperación e complementariedade dos seus dispositivos, programas e accións.

Para a elaboración do PLDA 2011-2016 os/as técnicos/as tiveron en conta, ademais do propio coñecemento persoal derivado da súa práctica profesional, a experiencia acadada na andadura desde a creación do PLDA no ano 2002, as conclusións do primeiro estudo epidemiolóxico sobre consumo de drogas e outros problemas aditivos en Vigo, levado a cabo polo equipo do Prof. Elisardo Becoña, da Universidade de Santiago de Compostela, gracias ao patrocinio da Fundación Pedro Barié da Maza , e as achegas realizadas nas oito xornadas organizadas polo Plan ao longo destes anos.