Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/personales/vigo002/web02/movemonos/n_cac_emais.php:2) in /home/personales/vigo002/vieiros/smarty/templates_c/%%0A^0A6^0A6070C4%%vgo_cuerpo.tpl.php on line 3
Programa 'E máis' - Concello de Vigo
Escudo Concello de Vigo

Medio Ambiente

Programa 'E máis'

Faino tí mesmo

Nesta nova actividade de educación ambiental, a Concellería de Medio Ambiente, a través dos departamentos da OMIC e VIGOZOO, organizarán varias actividades nas que se pretenden inculcar á poboacion infantil os conceptos e valores de “Consumo responsable” e “reciclaxe”, tan importantes hoxe en día para o mantemento da biodiversidade.

Por iso organízanse 4 visitas a Vigozoo para un máximo de 200 participantes en cada unha delas nas datas 11, 12, 18 e 19 de decembro. En cada visita os rapaces traballarán nun obradoiro de reciclaxe, creando cada un deles un insecto de material reciclado que poderán utilizar como agasallo para o vindeiro Nadal.

Cronograma da actividade:

  • 10:45 horas: entrega dos nenos na taquilla de Vigozoo por parte dos pais (lembrar traer a ficha de inscrición cuberta e asinada).
  • 11:00 a 12:15 horas: obradoiro de consumo responsable e reciclaxe
  • 12:15 a 13:30 horas: visita guiada ás instalación de Vigozoo
  • 13:45 horas: recollida dos nenos polos pais na taquilla de Vigozoo.

Documentación:

Coñecendo a nosa ría

Cos obxectivos de coñecer mellor o medio natural que é a nosa ría, e fomentar o uso de medios de desprazamento e ocio non contaminantes, a Concellería de Medio Ambiente organiza nos vindeiros 26 de setembro e 9 de outubro un grupo de actividades para nenos e nenas de 8 a 17 anos de idade. Ao longo da mañá navegarán en vela lixeira, coñecerán o entorno dende os kaiaks, recibirán información gráfica da ría de Vigo e farán unha solta de especies vivas no seu hábitat; todo isto a cargo de 22 profesionais que velarán pola seguridade, control e organización da actividade.

Para inscribirse é preciso chamar dende o luns anterior ao servicio de atención telefónica 010, facilitando os datos dos participantes, e descargar dende aquí a autorización do pai/nai/titor, entregándolla aos monitores ao subir os rapaces no autobus.