Escudo Concello de Vigo

Medio Ambiente

Cursos de formación

Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental

De cara a realización de labores de voluntariado medioambiental nas Illas Cies, no río Lagares, no Monte da Guía e demais actuacións é preciso contar co curso de iniciación ao voluntariado medioambiental.

Ábrense dúas accións para o 1º semestre de 2016. Traballaranse contidos básicos sobre o voluntariado (dereitos e deberes, normativa, etc) e sobre voluntariado medioambiental de Camiño a Camiño.

5 marzo (sábado): quenda 1

4 xuño (sábado): quenda 2

  • Horario. 10:00 -13:00
  • Lugar: Vigozoo.
  • Destinatarios: maiores de idade.
  • Grupo: ata 90 persoas 

Inscrición: 010 (dende móbil: 986 81 02 60), na semana da actividade: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00

Gratuíto.

Cursos básicos de hortas urbanas

Unha demanda percibida por parte da Concellería de Medio Ambiente é o fomento das hortas urbanas. Para desenvolver esta iniciativa cómpre dispór duns conceptos básicos que se subministran neste curso e, logo, por suposto polos en práctica tanto en recintos particulares como en recintos municipais que se habiliten ao efecto. Preséntanse tres convocatorias:

5 marzo (sábado): quenda 1

10 marzo (xoves): quenda 2

12 marzo (sábado): quenda 3

  • Horario: 10:00 -13:00 (sábados) ou 16:30 - 20:00 (xoves)
  • Lugar: Vigozoo.
  • Destinatarios: maiores de idade.
  • Grupo: ata 50 persoas 
  • Inscrición:  010 (dende móbil: 986 81 02 60), na semana da actividade: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00
  • Achega: 5 euros, a pagar no momento de entrada en Vigozoo.

Nota: a realización deste curso habilita para participar nas hortas-escola

Cursos “Viticultura en Galicia: aprende a diferenciar os nosos viños”

No curso danse a coñecer as distintas zonas de cultivo vinícola de Galicia e as denominacións de orixe asociadas. No transcurso do mesmo realizaranse catas dos distintos tipos de viño a cargo dun sumiller titulado, permitindo así apreciar a un nivel iniciación as características diferenciais dos mesmos e coñecer o mellor xeito de gozalos. Preséntanse tres convocatorias:

12 marzo (sábado)

19 marzo (sábado)

9 abril (sábado)

  • Horario: 11:00 -13:30
  • Lugar: Asociación Veciñal do Casco Vello, Rúa Oliva 12, Soto
  • Destinatarios: maiores de idade.
  • Grupo: ata 30 persoas 
  • Inscrición:  010 (dende móbil: 986 81 02 60), na semana da actividade: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00
  • Achega: 12 euros, a pagar no momento de entrada no curso para cubrir os gastos da degustación con maridaxe.

Cursos “Alimentación saudable no almorzo, xantar e cea”

No curso daranse indicacións dos produtos recomendable inxerir en cada unha das comidas para unha alimentación saudable, a forma de cociñalos para respectar as propiedades alimenticias. Tamén se darán orientacións para as necesidades enerxéticas de cada persoa en función da súa actividade e características seguindo pautas de alimentación equilibrada e saudable, centrándose nestas primeiras convocatorias no almorzo. Ao longo da actividade elaborarase algunha proposta culinaria a modo de exemplo. Preséntanse tres convocatorias:

30 marzo (mércores)

6 abril (mércores)

13 abril (mércores)

  • Horario: 17:00 -19:30
  • Lugar: Mercado do Progreso, Rúa do Progreso 28
  • Destinatarios: maiores de idade.
  • Grupo: ata 25 persoas 
  • Inscrición:  010 (dende móbil: 986 81 02 60), na semana da actividade: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00

Gratuíto.