Escudo Concello de Vigo

Xuventude

Orientación ao estudante

Calquera persoa interesada en resolver dúbidas relacionadas con estudos, sexan de Vigo ou de fóra da cidade, pode recorrer a este servizo, no que atopará persoal técnico cualificado, que ofrece atención personalizada.

  • Coñece os teus dereitos como estudante.
  • Formación regulada e non regulada.
  • Formación presencial, a distancia, teleformación.
  • Información e documentación sobre bolsas e axudas.
  • Estudos profesionais e Ciclos de Formación Profesional.
  • Información sobre os novos Bacharelatos e as súas saídas profesionais.
  • Plans de estudos e validacións.
  • Carreiras Universitarias, Posgraos e Másteres.
  • Programas Europeos para estudar no estranxeiro.

Casa da Xuventude

  • Lugar: Rúa López Mora 31, 36211 Vigo.
  • Horario: martes a venres de 9 a 14 horas e luns e venres de 17 a 19:30 horas.
  • E-mail: estudiante.xuventude@vigo.org