Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/personales/vigo002/web02/movemonos/mocidade8.php:2) in /home/personales/vigo002/vieiros/smarty/templates_c/%%0A^0A6^0A6070C4%%vgo_cuerpo.tpl.php on line 3
Súbete ó Castro - Concello de Vigo
Escudo Concello de Vigo

Xuventude

Súbete ó Castro

  • Enderezo: Monte de O Castro: Paseo dos Cedros s/n (a carón da pista de bicis)
  • Teléfono: 986 485 541
  • Liñas de Autobuses: CC, C3, C6, C7, 12A,12B, L14, L21, L29, L25.
  • E-mail: subeteocastro@xuventudevigo.org
  • Web: Súbete ó Castro
  • Horario: de luns a xoves de 17:00 a 21:00 horas. Venres e sábados de 17:00 a 23:00 horas.
  • Peche por vacacións: Do 15 ao 31 de agosto.

Espazo xuvenil e punto de encontro situado no parque de O Castro desde o que se programan gran cantidade de actividades de lecer e tempo libre, dirixidas a fomentar a participación xuvenil, atendendo ás necesidades do colectivo novo.Servizos

  • Punto de Información Xuvenil
    • Información actualizada sobre actividades de carácter xuvenil que se están a realizar en Vigo.
  • Dinamización Xuvenil axudámosche a converter as túas ideas en feitos.
  • Asesoramento a Asociacións Xuvenís servizo destinado a colectivos ou asociacións xuvenís.
  • Acceso libre a Internet e Sistema de Conexión WIFI
    • Equipos para navegar libremente, chatear, xogar en rede, elaborar documentos, facer videoconferencia, intercambiar arquivos co voso móbil a través de bluetooth en quendas de 30 minutos.
    • Conexión co teu portátil á nosa WIFI.
  • Servizos Tecnolóxicos
    • Videoconsolas Wii para vivir experiencias interactivas: miniolimpiadas Wii.
    • Competicións de Xogos en Rede ao longo de todo o ano.
    • Bluettooth.
  • Carta de Servizos de Súbete a O Castro

Volver ao Inicio

Cursos e Actividades

  • Cursos Cuadrimestrais gratuítos
    • para participar en calquera curso cuadrimestral só é preciso inscribirse cubrindo un formulario no Espazo Xove do Castro. As prazas son limitadas.
    • CASTROENSAIOS: Cursos relacionados coa música: vocalista, teclado, batería, baixo eléctrico, guitarra eléctrica.
    • CASTROESCENA: Se che gustan as artes escénicas e o baile: Danza Oriental, Iniciación Break Dance, Teatro, Capoeira, Gim Jazz.
    • CIBERCASTRO: para mozos e mozas interesadas na informática e as novas tecnoloxías: Mecanografía, Open Office, cursos específicos relacionados con aplicacións de Software libre ou mantemento informático.
  • Actividades en Espazo Aberto skate, roller, hockey rueiro, graffitie, bici de montaña, xogos populares.
  • Outras Actividades cada trimestre edítase unha nova programación de actividades variadas: obradoiros, cursos, campionatos, actividades ao aire libre, concertos... consulta o folleto na nosa web www.xuventudedevigo.org

Volver ao Inicio

Salas

  • Espazos para ti
    • lugar de encontro, de reunións
    • para xogar ao tenis de mesa, dardos, xadrez, Risk, monopoly
    • para escoitar a túa música, ou simplemente para falar e quedar con outras mozas e mozos
    • Espazo Artístico Libre: instalacións para debuxar, decorar ou crear
  • Espazo de Lectura espazo onde poderás ler revistas, cómics e outras publicacións de interese xuvenil, bookcrossing, BIX (Boletín Informativo Xuvenil), Programoteca software libre
  • Sala de Ensaios musicais local, equipo de son e instrumentos básicos para o ensaio de grupos ou solistas de calquera estilo musical.

Volver ao Inicio