Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/personales/vigo002/web02/movemonos/mocidade7.php:2) in /home/personales/vigo002/vieiros/smarty/templates_c/%%0A^0A6^0A6070C4%%vgo_cuerpo.tpl.php on line 3
Compartir coche - Concello de Vigo
Escudo Concello de Vigo

Xuventude

Compartir coche

O proxecto COMPARTIR COCHE nace da vontade do Concello de Vigo de fomentar entre a poboación un uso máis racional do coche. O servizo consiste en facilitar o encontro de persoas que están interesadas en compartir o vehículo privado para realizar unha viaxe.

Obxectivos

  • Facilitar aos cidadáns e cidadás de Vigo outra alternativa nos seus desprazamentos tendo en conta medidas de sustentabilidade na mobilidade.
  • Diminuír a contaminación e o consumo enerxético producido polos vehículos privados.
  • Mellorar a utilización do espazo público.

Volver ao Inicio

Funcionamento

Mediante este servizo verás as persoas que están inscritas para realizaren unha viaxe parecida á túa. A través do correo electrónico poderás poñerte en contacto con elas. Verás cales son as súas preferencias, se dispoñen ou non de coche, motivo da viaxe, e toda unha serie de datos para facer máis doado o encontro de compañeiros e compañeiras de viaxe. Poderás deixar unha mensaxe electrónica a aquelas persoas que consideres que son axeitadas para compartirdes unha mesma viaxe. Todo de forma inmediata e sen intermediarios.

Volver ao Inicio

Acceso ao servizo

PARA IR AO TRABALLO: Se vas de Vigo a algún dos centros de traballo dos arredores, e tes que realizar sempre un mesmo itinerario co teu vehículo privado, ou buscas persoas coas que compartir o coche, podes acceder á ligazón compartir coche para ir a traballar.

PARA IR Á UNIVERSIDADE: Se estudas ou traballas na universidade e buscas con quen compartir unha mesma viaxe desde Vigo cara a calquera das universidades podes acceder á ligazón compartir coche para ir á universidade.

PARA IR DE VIAXE: Se fas viaxes esporádicas ou non regulares, queres ir a outras cidades de España ou mesmo ao estranxeiro, aquí poderás atopar persoas interesadas en compartir os gastos da viaxe. Accede á ligazón compartir coche para ir de viaxe.

Volver ao Inicio

Enlaces de Interese

Páxina Compartir Coche: información, rexistro, acceso a outras páxinas adscritas ao proxecto

Volver ao Inicio