Escudo Concello de Vigo

Xuventude

Sala de ensaios musicais

O Concello dispón actualmente de varios espazos acondicionados para o ensaio de solistas ou grupos de calquera estilo musical. Dispón de equipo de son e instrumentos básicos para ensaios.

Dirixidos principalmente a mozos e mozas de entre 13 e 30 anos. Especialmente, grupos ou outro tipo de formacións musicais (cantautores, dúos, bandas, etc.) que precisen dun local para realizar os seus ensaios.

Observacións

  • É necesario tramitar previamente a solicitude: Consulta o Trámite na Oficina Virtual
  • Cando un grupo dáse de baixa, outro da lista de agarda pasa a formar parte dos que ensaian nos locais. Para isto localízase, a través do contacto, aos seguintes na lista por estrita orde de entrada.
  • No caso de fallar aos ensaios dúas veces sen previo aviso, o horario destinado ao grupo ou individuo en cuestión pasará a estar dispoñible para outra persoa ou grupo da lista de agarda.
  • Ademais de poder acceder aos locais de ensaio, ao realizar a solicitude recibirase información gratuíta (presencial ou a través de correo electrónico) de temas relacionados co eido da música (concertos, concursos, cursos, etc.). No caso de non querer recibir información deste tipo, débese notificar por escrito á Casa da Xuventude ou a Súbete ó Castro.

Locais de Ensaio Musical de Vigosónico

  • Horario: de martes a domingo, de 16 a 22 horas.
  • Contacto: Vigosónico
  • Tamén conta con cabinas de formación e estudo de gravación.