Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/personales/vigo002/web02/movemonos/mocidade4.php:2) in /home/personales/vigo002/vieiros/smarty/templates_c/%%0A^0A6^0A6070C4%%vgo_cuerpo.tpl.php on line 3
Sala de revelado fotográfico - Concello de Vigo
Escudo Concello de Vigo

Xuventude

Sala de revelado fotográfico

Tedes á vosa disposición un laboratorio fotográfico, que vos permitirá realizar revelados en branco e negro. Só tedes que traer o papel e os líquidos para o revelado e o laboratorio vos ofrece o resto do material necesario.

Observacións

  • É necesario realizar unha solicitude previa de uso da Sala de Revelado indicando o calendario de horas que desexades. Ver impreso de solicitude e trámite na Oficina Virtual. En breve recibiredes información sobre a súa aceptación e o calendario dispoñible.
  • Debedes achegar unicamente o papel e os líquidos necesarios para o revelado en branco e negro,
  • Nin a Concellaría de Xuventude nin a Casa da Xuventude se responsabilizan do uso defectuoso do material.
  • O mantemento, orde e limpeza dos elementos específicos do laboratorio son responsabilidade das usuarias e usuarios.
  • En caso de detectarse algunha anomalía ou defecto polo uso incorrecto dos distintos materiais, a Concellaría de Xuventude pode anular este servizo, ou en calquera caso, denegar o seu uso á persoa que incumpra o compromiso de correcta utilización do Laboratorio e/ou os seus materiais.

Material a disposición das usuarias e usuarios

  • 3 ampliadoras, 1 con soporte para filtros.
  • 2 portanegativos para ampliadora (2x6x6 y 1x35mm).
  • 2 obxectivos de ampliadora de 50mm.
  • Cubetas: 7 medianas e 2 grandes.
  • 3 pinzas.
  • Secador de negativos.
  • 7 tanques de revelado modelo Patterson.
  • 3 marxinadores.
  • 4 luces de seguridade.
  • Temporizador de ata 120 segundos.
  • Botes para líquidos tipo fol.
  • Soporte para facer tiras de contacto.
  • Guillotina.
  • Probetas graduadas.
  • Quentador.
  • 2 cronómetros.
  • Funís.