Escudo Concello de Vigo

Medio Ambiente

Situación Medioambiental

Nesta páxina poderá encontrar información sobre:

Mapa estratéxico de ruído do Concello de Vigo

A Directiva Europea 2002/49/CE e o desenvolvemento lexislativo estatal que se traduciu na Lei do ruído 37/2003 solicitan a elaboración de mapas estratéxicos de ruído das aglomeracións do estado cunha poboación superior a 250.000 habitantes, ademais da realización dos mapas de ruído das grandes infraestruturas de transporte.

Os mapas de ruído definidos pola Directiva e a Lei do ruído, co obxecto de homoxeneizar os resultados para toda Europa deben de ser realizados cuns métodos de cálculo e uns condicionantes de cálculo mínimos. O obxectivo é obter mapas denominados estratéxicos que serven para tomar decisións a nivel global e non local, as cales precisarían de estudos de detalle que permitan a adopción de solucións a nivel puntual.

A partir dos mapas de ruído, débense obter os indicadores de chan exposto e persoas expostas nas condicións reflectidas por devanditos mapas e segundo os requisitos da citada Directiva.

Mapa estratéxico de ruído do Concello de Vigo 2007: O obxectivo deste informe resumen é o de facilitar unha visión de conxunto do resultado obtido coa xeración dos Mapas de Ruído Estratéxicos do municipio de Vigo, considerando os focos de ruído de tráfico, ferrocarril e industria.

Revisión do mapa estratéxico de ruído 2013: O artigo 16 da Lei 37/2003, de 17 de novembro, do ruído establece que "os mapas de ruído haberán de revisarse e, no seu caso, modificarse cada cinco anos a partir da data de súa aprobación". A Xunta de Goberno Local en sesión do 08/08/2013 aprobou definitivamente a revisión do mapa estratéxico de ruído do Concello de Vigo, tralo correspondente trámite de información pública polo prazo de un mes.

Revisión do mapa estratéxico de ruído 2017

Plan de acción contra o ruído no Concello de Vigo

A Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído establece a obriga de aprobar os Plans de acción contra o ruído nas aglomeracións con máis de 250.000 habitantes, como é o caso de Vigo, antes do 18/07/2008.

O Plan de acción contra o ruído no Concello de Vigo ten por obxecto reflectir as medidas a adoptar e as accións a desenvolver para mitigar os niveis de ruído ós que está exposta a poboación do Concello de Vigo de forma global, detectados no mapa estratéxico do ruído aprobado.

Plan de acción do ano 2008

En cumprimento da citada normativa, a Xunta de Goberno Local en sesión do 23/11/2009, aprobou o Plan de acción contra o Ruído.

Plan de Acción do ano 2008

Revisión Plan de acción contra o Ruído, ano 2013

O artigo 24 da Lei 37/2003 do 17 de novembro, do ruído obriga a revisar o plan de acción cada cinco anos.

A Xunta de Goberno Local en sesión do 14 de novembro de 2014, aprobou definitivamente a revisión do Plan de acción contra o ruído do Concello de Vigo.

Calidade do aire no Concello de Vigo

Datos obtidos da estación Vigo - Coia, estación de tráfico en área urbana situada no Barrio de Coia, na Avenida de Castelao. Está equipada con diferentes analizadores, unha estación meteorolóxica e dispón dun panel de información dos datos horarios en tempo real.

Calidade do Aire - Tempo real

1

Parámetros do Aire - Tempo real

1

Máis información na páxina de Meteogalicia da Consellería de Medioambiente da Xunta de Galicia.

 
 

Concello de Vigo

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100