Escudo Concello de Vigo

Medio Ambiente

Fichas técnicas

  1. Decálogo de boas prácticas. Disfruta da natureza. O ser humano é unha parte máis do contorno físico. Só o respecto polas outras partes que conforman a natureza garantiza un futuro mellor
  2. O ceo de Vigo. Estrelas, planetas, galaxias, constelacións, cúmulos estelares… fálannos dun universo infinito que está ao noso alcance. Só hai que ter en conta unhas sinxelas indicacións para guiarmonos nun mapa cambiante que resplandececada noite no ceo de Vigo.
  3. Serra do Galiñeiro. Protexida, en parte, como parque natural, é un macizo tectónico que se ergue sobre o río Lagares e o curso alto do Zamáns, atopándose entre as parroquias de Zamáns e Vincios, e enlazando na súa cara sur co monte Aloia. Presenta unha figura rochosa cuns 700 metros de altitude, e ofrece espectaculares vistas que abarcan o sur da provincia.
  4. Mareal / Cíes. Os límites do concello de Vigo esténdense ao longo de 46 km de costa, nos que se suceden 38 areais que ocupan unha extensión de 11,2 km, aos que hai que sumar as nove praias das illas Cíes na cabeceira da ría e os seus 100.000 m2.
  5. Miradoiros
  6. A ría de Vigo, un mar de vida
  7. Agua e natureza, consumo e uso sustentable da auga
  8. A importancia das algas nos areais de Vigo. O seu obxectivo é sensibilizar á cidadanía da importancia que as macroalgas varadas teñen no ecosistema dunha praia, e mostrar por que non é conveniente a súa retirada en época estival mediante medios mecánicos.
  9. Parques Forestais. Os parques forestais do municipio teñen unha superficie total de 690.433 m2. A maioría atópanse na parte alta de Vigo e son grandes balcóns verdes sobre a ría onde gozar da natureza, das zonas de recreo e das vistas espectaculares que ofrecen.
  10. Humidais. Zonas Húmidas I. O municipio de Vigo conta con diversas zonas húmidas de auga doce, que ocupan máis de 200.000 m2.