Enderezo: Rúa Vázquez Varela, 19 Télefono: 986 114 444
Horarios:
- Venres: 22:00
- Sábados: 20:30 e 22:30
- Domingos: 20:30
Inaugurado en marzo de 2006, este novo espazo en Vigo ten aforo para 105 persoas e un coidado deseño do seu interior.
Esta nova instalación cultural ofrece un programa diferenciado para a cidade de Vigo, de modo que os martes e mércores se dedican á formación de actores, con cursos de teatro para todas as idades; os xoves son días dedicados á música e á danza, e os venres, sábados e domingos, represéntanse obras para adultos.
Ademais da programación convencional, as fins de semana pola tarde hai música e danza para nenos; os domingos pola mañá teñen lugar sesións de contacontos, os venres a media noite celébrase un cine club; así mesmo, a dirección do teatro ten previsto organizar un "café literario" cando menos unha vez ao mes.
