Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/personales/vigo002/web02/movemonos/emprego_talleres.php:2) in /home/personales/vigo002/vieiros/smarty/templates_c/%%0A^0A6^0A6070C4%%vgo_cuerpo.tpl.php on line 3
Escolas Obradoiro / Obradoiros de Emprego - Concello de Vigo
Escudo Concello de Vigo

Emprego Local

Escolas Obradoiro / Obradoiros de Emprego

No marco dos sucesivos Plans Municipais de Emprego, a Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, xestiona diferentes Escolas Obradoiro e Obradoiros de Emprego. Ambos seguen a mesma metodoloxía integradora de formación e emprego.

A continuación descríbense brevemente as súas principais características, e enuméranse os relacionados cos distintos plans municipais de emprego.

Escolas Obradoiro

Son centros de traballo e formación nos que se recibe formación profesional ocupacional, en alternancia coa práctica profesional (traballando nunha obra real). Ao seu termo, o alumnado traballador, estará máis preparado para desempeñar o oficio apreso, facilitando o seu acceso ao mundo laboral.

  • Escola Obradoiro “Mar de Vigo”: A Escola Obradoiro "Mar de Vigo", iniciou a súa actividade en xuño de 2000, actualmente está en marcha "Mar de Vigo V".
  • Escola Obradoiro “VigoZoo”: Comezou o 28 de decembro do 2008, para continuar os traballos de acondicionamento e adecuación do parque zoolóxico de Vigo, iniciados polos anteriores “Obradoiros de Emprego VigoZoo”.

Requisitos:

  • Ser maior de 16 anos e non ter cumpridos os 25.
  • Estar inscrita ou inscrito na oficina de emprego como persoa desempregada. A su término, el alumnado trabajador, estará más preparado para desempeñar el oficio aprendido, facilitando su acceso al mundo laboral.

Obradoiros de Emprego

Os Obradoiros de Emprego son programas mixtos de formación e emprego que se inclúen como medidas de apoio á creación de emprego.

As persoas participantes adquiren formación profesional e práctica laboral mediante:

  • A realización de obras ou servizos de utilidade pública, ou de interese social, relacionados cos novos xacementos de emprego.
  • A formación ocupacional recibida, relacionada cos traballos realizados, procura a cualificación profesional, mellorando a inserción ou reinserción laboral.

Simultaneamente coa formación e a experiencia proporciónase orientación, asesoramento e información profesional e empresarial.

Deste xeito mellórase a posterior inserción laboral: por conta allea, mediante a creación de proxectos empresariais ou de economía social.

  • Obradoiro de Emprego "Vigo Ornamental”: inicia a súa actividade o 29 de outubro de 2009, co obxectivo de rehabilitar “Mestres Goldar” e un tramo da Avenida de Europa.
  • Obradoiro de Emprego "VigoZoo": comezou a súa actividade o 28 de decembro de 2001. Desde entón realizáronse dous talleres máis. A finalidade do proxecto de obra é a recuperación e modernización do zoo de Vigo.
  • Outros Obradoiros e Proyectos: Relación de talleres e proxectos de emprego levados a cabo desde os distintos plans municipais de emprego, como a Escola Obradoiro Xardín Histórico, Programas de subvención global (Asiste, Abeiro, Alicerce,...,.) Programas de orzamento municipal (Promil, Bial,...,.) e outros.

Requisitos:

  • Ser maior de 25 anos.
  • Estar inscrita ou inscrito na oficina de emprego como persoa desempregada.