- Inicio
- Servizos Cidadanía
- Emprego Local
- Plan Municipal de Emprego
- Vigo Medio Natural
Emprego Local
Vigo Medio Natural
Proxecto Vigo Medio Natural
- Enderezo: Rúa San Vicente 3, 36202 Vigo. (CITIC)
- Teléfonos: 986 442 114 ou 986 810 232.
- Fax: 986 442 115
- E-mail oficina e información xeral: vigo.medionatural@vigo.org
- E-mail asesoramiento ambiental: asesora.medionatural@vigo.org
- Web: www.fundacion-biodiversidad/vigo-medio-natural
- Horario de Oficina: de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas.
- Horario de atención ao público: de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas previa cita.
O proxecto "Vigo Medio Natural" enmárcase no programa Emprega Verde pertencente ao eixo do programa operativo adaptabilidade e Emprego do Fondo Social Europeo 2007-2013.
Atópase xestionado pola Fundación Biodiversidad, organización de natureza fundacional, sen ánimo de lucro, cuxa actividade se desenvolve no ámbito da conservación, estudo e uso sostible da biodiversidade.
Obxectivo xeral do proxecto
Por outra banda, búscase concienciar e sensibilizar aos traballadores/as e ás empresas da importancia que o coidado do medio ten.
Obxectivos específicos do proxecto
- Promocionar e mellorar o emprego en xeral e no sector ambiental en particular.
- Aumentar as competencias e cualificación en temas ambientais e de sostibilidade das persoas traballadoras.
- Fomentar a modernización de empresas e sectores de actividade.
- Impulsar a sostibilidade das actividades económicas.
- Promover a creación de empresas no sector ambiental.
- Adaptar as actividades económicas á normativa ambiental.
Para a consecución destes obxectivos, o Concello de Vigo contempla a realización dunha serie de accións de diversa índole que sensibilicen á cidadanía co medio natural e que melloren a cualificación dos traballadores a fin de mellorar a súa empregabilidade.
Accións do proxecto "Vigo Medio Natural"
1. Formativas:
- Curso de educador ambiental (130 horas).
- Curso de traballador forestal (125 horas).
- Curso de monitor de prácticas deportivas en espazos naturais (120 horas).
- Curso de prevención de riscos laborais no sector agroforestal (170 horas).
2. Campaña "Vigo Medio Natural"
A campaña "Vigo Medio natural" pretende informar e sensibilizar sobre as funcións ecolóxicas, sociais e económicas dos montes periurbanos de Vigo, a fin de promover un uso máis racional destes espazos verdes, a súa xestión sostible e futuras inversións sobre eles.
A campaña supón informar tanto ás empresas como aos traballadores relacionados nalgunha medida cos montes periurbanos de Vigo, así como manter unha comunicación fluída cos axentes socioeconómicos do municipio de Vigo.
3. Guía para adaptar as actividades empresariais de Vigo á normativa ambiental.
4. Estudo sobre novos perfís profesionais necesarios no sector ambiental.
5. Asesoramiento a pemes e micropemes en normativa e procesos de mellora ambiental.
- Obxectivos
- O asesoramento que se recolle pretende concienciar, informar e axudar a 50 empresas de Vigo acerca da necesidade dun comportamento responsable en cuestións ambientais.
Realizarase un asesoramento personalizado en materia de normativa e procesos de mellora ambiental, fomentando a integración de sistemas de xestión ambiental, a mellora da eficiencia enerxética, minimización da xeración de residuos e o fomento de medidas responsables, entre outras, no consumo.
- O asesoramento que se recolle pretende concienciar, informar e axudar a 50 empresas de Vigo acerca da necesidade dun comportamento responsable en cuestións ambientais.
- Destinatarios
- A proposta de asesoramiento enfócase a pemes e micropemes da área de Vigo que se atopen concienciadas coa necesidade de mellora na xestión ambiental da súa actividade.
- Información: asesora.medionatural@vigo.org
6. Observatorio sobre emprego e medioambiente.
7. Xornada sobre emprego e medioambiente.
Manuais de boas prácticas ambientais nos seguintes sectores
- Comercio
- Construción
- Hostelería e restauración
- Estacións de servizo
- Imprentas (artes gráficas)
- Oficinas
- Laboratorios
- Padarías e pastelerías
- Supermercados
- Perruquerías e centros de estética
- Talleres de chapa e pintura
- Tinturerías e lavandarías
- Xardinería
![]() |




