Emprego Local
Obxectivos
Programa "Imos Traballar II"
Xestión do "Imos Traballar II"
- Enderezo: No "Centro Local de Emprego e das Ocupacións". Rúa do Porto 1 (2ª planta.36202.Vigo
- Teléfono: 986 447 400
- Email: imostraballar2@vigo.org
- Web: www.imostraballar2.com
Importe destinado ao proxecto: 1.662.896,87 €
Subvención do FSE: 1.330.317,50 €
Achega do Concello de Vigo: 332.579.37 €
O proxecto "IMOS TRABALLAR 2", financiado polo Fondo Social Europeo, ten a finalidade de responder ás necesidades xeradoras de emprego no municipio de Vigo e favorecer a preparación de procedementos de acordo de cara a mellorar o actual Pacto local polo emprego do Concello de Vigo.
Os beneficiarios/as do proxecto serán, os e as demandantes de emprego de Vigo, e de forma particular, quen teña especiais dificultades de inserción no mercado laboral:
- Persoas mozas menores de 30 anos.
- Persoas maiores de 45 anos.
- Parados/as de longa duración.
- Mulleres e persoas cualificadas en situación de risco de exclusión social ou laboral (inmigrantes, persoas en proceso de rehabilitación ou reinserción, minusválidos/as...), etc,
Ofrecerase unha orientación personalizada, unha valoración das súas competencias profesionais e a oportunidade de cursar formación específica axeitada ao seu perfil e necesidades, xunto coa realización de prácticas profesionais que acompañen á devandita formación, para así lograr a inserción, tanto social coma laboral, dos e das participantes no proxecto.
En colaboración cos axentes sociais de maior implantación en Vigo (sindicatos de UGT, CC.OO. e CIG e organizacións patronais CEP, AJE e APE), impártese formación para 255 desempregados/as durante os anos 2012 e 2013, cunha axuda ou beca de asistencia por importe do 75% do IPREM en:
- “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”.
- “Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais”.
- “Operacións básicas de cociña”.
- “Operacións básicas de restauración”.
Ademais, como apoio a todo o proceso, "IMOS traballar" conta con novos medios baseados nas novas tecnoloxías, como:
- Aulas virtuais en PDA.
- Portal web: achega servizos e centraliza a maior parte das actividades do proxecto.
Pode obter información máis precisa sobre as accións formativas, o Pacto Local polo Emprego e outras cuestións de interese no devandito portal.
Accións desenvolvidas durante 2012.
Itinerarios formativos rematados 2012:
- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS. Impartida pola Confederación Intersindical de Traballadores de Vigo (CIG).
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións socias. Impartida pola Unión General de Traballadores de Vigo (UGT).
- Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais. Impartida por Comisións Obreiras de Vigo (CC.OO).
- Operacións básicas de cociña. Impartida por Comisións Obreiras de Vigo (CC.OO).
Accións desenvolvidas durante 2013.
Itinerarios formativos 2013:
Atención sociosanitaria a persoas dependentes. Impartido pola Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP).
- Inicio: 22 de outubro de 2012.
- Remate: 22 de marzo de 2013.
Operacións básicas de cociña. Impartido pola Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP).
- Inicio: 22 de outubro de 2012.
- Remate: 13 de febreiro de 2013.
Operacións básicas de restauración. Impartido pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE).
- Inicio: 15 de novembro de 2012.
- Remate: 6 de febreiro de 2013.
Pacto Local polo emprego de Vigo:
Accións desenvolvidas:
- XORNADA DE FORMACIÓN DOS E DAS PARTICIPANTES E CONSTITUCIÓN DAS COMISIÓNS INTERSECTORIAIS.
- Data: 8 de novembro 2012
- Presentación xeral do proxecto IMOS TRABALLAR2
- Presentación do Plan de participación do pacto local polo emprego do Concello de Vigo.
- Presentación do desenvolvemento das distintas comisións de traballo multisectorial, en canto a número de reunións, obxectivos que se deben acadar en cada unha delas e documentos administrativos.
- Constitución das distintas comisións de traballo multisectorial. Calendario das datas das seguintes reunións e documentación de apoio aos traballos das distintas comisións.
- 20 e 21 de decembro 2012: 2ª reunións das 7 comisións intersectoriais., nos que se consensuaron os documentos definitivos:
- Avaliación inicial.
- Análise DAFO.
- Priorización de obxectivos.
- XORNADA DE BÚSQUEDA DE EMPREGO E ENTREGA DE DIPLOMAS
- 20 decembro de 2012.
- Nº asistentes: 79
Rematada a fase formativa de catro itinerarios formativos, desenvolveuse unha xornada na que se fixo entrega dos diplomas acreditativos da dita formación. Pero neste momento para o alumnado comeza a fase de busca de emprego, é polo que desde a dirección do proxecto desenvolveuse unha xornada técnica que sirva como primeiro paso nesta nova fase.
Para isto contouse coa visión dunha empresa especializada na xestión de recursos humanos, IDAE Consultores, e dúas empresas receptoras desa busca nas áreas nas que se desenvolveron eses itinerarios formativos, Atendo Calidade (en atención sociosanitaria) e Sodexo (en limpeza e restauración).
Ámbas as dúas empresas ofreceron a todas as persoas interesadas, participantes no proxecto “Imos Traballar 2” a posibilidade de presentar os seus currículos para ser incluídas nos procesos de selección das ofertas de traballo que estas empresas están a desenvolver.
A xornada contou na clausura coa participación do concelleiro de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, dos representantes das entidades colaboradoras do proxecto e de Abel Caballero, Alcalde de Vigo que clausurou a xornada e fixo entrega dos diplomas acreditativos ao alumnado participante nos itinerarios formativos rematados.
