- Inicio
- Servizos Cidadanía
- Emprego Local
- Plan Municipal de Emprego
- Programa de inserción laboral UTIL
Emprego Local
Programa de inserción laboral UTIL
Programa de inserción laboral “UTIL”
- Enderezo: Rúa Bagunda 1. 36214 Vigo.
- Teléfono: 986 263 068.
- Fax: 986 253 620.
- Email: util.oficina@vigo.org
- Horario de Oficina: de luns a venres de 7:30 a 14:30 horas.
Este programa céntrase exclusivamente na mocidade, en especial en tres colectivos definidos:
- Mozos e mozas con nivel de formación inferior ao Graduado Escolar ou ESO. O traballo con este colectivo farase en colaboración cos educadores dos centros escolares, de maneira que quen non vaian proseguir os seus estudos, reciban información sobre a incorporación ao mundo laboral.
- Mozos e mozas con nivel de Secundaria ou Bacharelato. O Servizo de Orientación porá a disposición deste colectivo a guía de recursos de Vigo, onde se establecen as ocupacións ás que se pode acceder en función dos niveis formativos.
- Mozos e mozas con formación de tipo profesional (Ciclos de F.P ou titulados universitarios). Aqueles titulados e tituladas con maiores posibilidades de inserción, serán orientados cara ás entrevistas de selección, a presentación do currículo e as diferentes saídas profesionais. Cos colectivos con maiores dificultades para atopar emprego, traballarase na potenciación de fórmulas de emprendemento asociadas á súa titulación.
Obxectivo: Facilitarlle ás persoas desempregadas con importantes problemas de renda, os medios adecuados para mellorar a súa capacitación profesional e persoal, mediante a realización de actuacións de mellora da cidade.
Destinado a: Colectivos en desvantaxe social, respecto a ingresos económicos, e á adquisición de formación e experiencia no mercado de traballo.
Actuacións:
- Establecemento de contratos de traballo dun ano de duración, acompañados de:
- Procesos formativos adaptados ás necesidades dos participantes.
- Accións de orientación laboral.
- Acompañamento e inserción no mercado laboral.
Previsión anual: Contratación de 200 persoas desempregadas cada ano.
Financiamento: Concello de Vigo e outras entidades.
