Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/personales/vigo002/web02/movemonos/emprego_pme_fem.php:2) in /home/personales/vigo002/vieiros/smarty/templates_c/%%0A^0A6^0A6070C4%%vgo_cuerpo.tpl.php on line 3
Programa de Emprego Feminino - Concello de Vigo
Escudo Concello de Vigo

Emprego Local

Programa de Emprego Feminino

Este programa toma como referente o Plan Aurora elaborado pola Consellería de Traballo e presta especial atención aos seguintes programas:

Muller porque si: Este programa busca a incorporación da muller naquelas ocupacións nas que está subrepresentada. Para iso, o Concello de Vigo emprenderá campañas informativas e de sensibilización entre as mulleres, para fomentar a súa implicación nestas profesións.

Tecendo futuro: O programa pretende fomentar a incorporación das mulleres en actividades lonxe das profesións "tipificadas como femininas". Con este obxecto o Concello elaborará IPI`s (Itinerarios Persoais de Inserción) que propicien este cambio, dando prioridade a aqueles casos nos que a ocupación poida ser obxecto dun programa experimental, e a demandante reúna os requisitos.

Obxectivo: Conseguir a incorporación laboral das mulleres á estrutura industrial de Vigo e procurar o abandono da muller daquelas actividades cunha excesiva presenza feminina.

Destinado a: Mulleres, e empresarios daqueles sectores con menor presenza de mulleres.

Actuacións:

  • Campañas de sensibilización e información dirixidas a mulleres e a empresarios.

Previsión anual:

  • 8 paneis informativos.
  • Dípticos de sensibilización e información para máis de 1.000 mulleres.
  • Elaboración de Itinerarios Profesionais Individualizados para unhas 100 mulleres ao ano.

Financiamento: Concello de Vigo, Xunta de Galicia.