Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/personales/vigo002/web02/movemonos/emprego_pme_emplea.php:2) in /home/personales/vigo002/vieiros/smarty/templates_c/%%0A^0A6^0A6070C4%%vgo_cuerpo.tpl.php on line 3
Programa Emprega - Concello de Vigo
Escudo Concello de Vigo

Emprego Local

Programa Emprega

Este programa diríxese ás persoas paradas de longa duración e ás de máis de 45 anos sen experiencia laboral.

O programa contempla dous tipos de medidas:

  • Programas de adquisición de hábitos de traballo e de reincorporación ao traballo, centrado en persoas paradas de longa duración de servizos culturais, de lecer e de medio ambiente. Contempla a formación e contratación de persoas desempregadas para a realización de obras e servizos de interese municipal.
  • Programas mixtos de formación e emprendimento, dirixido a persoas de máis de 45 anos sen experiencia laboral ou que levan máis dun ano inscritas como demandantes de emprego. A formación que se impartirá centrarase na atención sociosanitaria a domicilio, nos coidados a discapacitados físicos ou psíquicos, na animación de persoas maiores e na atención domiciliaria infantil.

Obxectivo: Proporcionar ás persoas desempregadas unha formación apropiada ás súas necesidades e ás esixencias do mercado laboral.

Destinado a: Persoas desempregadas con especiais dificultades de inserción, inscritos como demandantes no Servizo Público de Emprego.

Actuacións:

  • Solicitude de subvencións do Fondo Social Europeo.
  • Elaboración de programas de colocación no mercado laboral, mediante o ensaio de fórmulas experimentais de actuación e tratamento integrado da inserción, nos que se combinan a información, orientación, asesoramento, formación, práctica laboral, mobilidade xeográfica...
  • Programas experienciais que posibilitan a inserción sociolaboral das persoas que levan tempo afastadas do mercado laboral, realizando labores de interese social Escolas Obradoiro e os programas de cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello.

Previsión anual: Un ou dous proxectos por ano.

Financiamento: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Fondo Social Europeo.