Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/personales/vigo002/web02/movemonos/emprego_pme_emp.php:2) in /home/personales/vigo002/vieiros/smarty/templates_c/%%0A^0A6^0A6070C4%%vgo_cuerpo.tpl.php on line 3
Programa Vigo - Emprende - Concello de Vigo
Escudo Concello de Vigo

Emprego Local

Programa Vigo - Emprende

Este programa desenvólvese coa intención de estimular o autoemprego.

O Concello promoverá a creación de cooperativas e sociedades laborais, para potenciar iniciativas emprendedoras de tipo colectivo, mediante a creación de módulos de formación en economía social.

Os esforzos centraranse en divulgar as vantaxes de crear empresas cooperativas, especialmente naqueles casos nos que os promotores sexan persoas en risco de exclusión social.

Todas as actuacións levadas a cabo neste plan, estarán coordinadas polo Servizo de Asesoramento e Promoción dos Emprendedores e das Emprendedoras (SAE), que ten como cometido apoiar ás persoas emprendedoras de xeito presencial ou virtual.

Resumo das medidas incluídas neste plan:

  • Difusión da imaxe emprendedora.
  • Difusión dos servizos do SAE.
  • Difusión do cooperativismo.
  • Premio "Emprende para gañar".
  • Centro de recursos SAE.
  • Procura de financiamento.
  • Consolidación de novas empresas.
  • Cooperación empresarial.
  • Plan "MOVE-TIC" para Autónomos (formación para autónomos).

Obxectivo: Fomentar a creación de empresas, impulsar o autoemprego como saída profesional, promover o espírito empresarial na poboación e apoiar a consolidación de pequenas empresas na área de Vigo.

Destinado a: Emprendedores e emprendedoras.

Actuacións:

  • Difusión da iniciativa emprendedora a través de seminarios, cursos e premios.
  • Creación dun centro de recursos para emprendedores que ofreza asesoramento personalizado para optimizar tempo, analizar e implementar a creación de cada proxecto empresarial.
  • Procura de fontes de financiamento.
  • Elaboración de contidos "on-line" para emprendedores.

Previsión anual:

  • Entre 450 e 600 beneficiarios e beneficiarias.
  • 3 seminarios anuais.
  • 8 paneis informativos.
  • 1 premio anual: "Emprende para gañar".
  • 30 sesións formativas.

Financiamento: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Fondo Social Europeo.