Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/personales/vigo002/web02/movemonos/emprego_pme_dir.php:2) in /home/personales/vigo002/vieiros/smarty/templates_c/%%0A^0A6^0A6070C4%%vgo_cuerpo.tpl.php on line 3
A quen está dirixido - Concello de Vigo
Escudo Concello de Vigo

Emprego Local

A quen está dirixido

Coa posta en marcha deste Plan o Concello de Vigo busca cubrir as demandas de emprego por parte daqueles colectivos que atopan maiores impedimentos á hora de acceder ó mundo laboral. Entre os principais demandantes atópanse:

  • A mocidade: O principal problema deste colectivo para atopar emprego reside na falta de formación de tipo profesional. O 20,1% dos mozos e mozas de Vigo teñen un nivel de formación inferior ao Graduado Escolar ou en ESO.
  • As mulleres: O nivel de estudos das mulleres viguesas é similar ao dos homes. O 79,5% das mulleres de Vigo carecen de formación de tipo profesional e entre elas o 32,2% ou carece de estudos ou dispoñen de estudos inferiores ao Graduado Escolar. En Vigo hai 865 mulleres con máis de 45 anos e que non teñen ningún tipo de experiencia laboral.
  • Persoas paradas de longa duración: Este colectivo será un dos eixos nos que se basee o Plan Municipal de Emprego, debido ás dificultades de inserción laboral que conleva. En Vigo hai 7.782 demandantes que levan máis de doce meses inscritos no paro, de eles 5.299 levan máis de 24 meses.