- Inicio
- Servizos Cidadanía
- Emprego Local
- Plan Municipal de Emprego
- Programa Emprego - Calidade
Emprego Local
Programa Emprego - Calidade
Este programa pretende dar a coñecer todas as subvencións e bonificacións ao emprego indefinido ao tecido empresarial de Vigo.
O concello promoverá a realización de xornadas a través das cales preténdese achegar valor á calidade do emprego como xeito de conseguir un emprego máis produtivo.
O Programa Emprego-Calidade promoverá os pactos sectoriais entre os diferentes sectores produtivos da cidade. Para iso, o Observatorio do mercado de traballo de Vigo elaborará análises nos que se observe a evolución mensual da contratación indefinida, por sectores de actividade, achegando medidas para aqueles con menores índices.
A difusión da Responsabilidade Social Empresarial (RSE), que vai ligada coa calidade do emprego, é un dos obxectivos deste programa. Por este motivo establecerase un Protocolo de Colaboración coa Consellería de Traballo cara a difusión da RSE, valorando aquelas pequenas e medianas empresas que adoptan este tipo de iniciativas.
Nos concursos públicos, o Concello terá en conta especialmente os niveis de estabilidade dos persoais dos seus provedores, outorgando unha maior puntuación en función da súa taxa de estabilidade.
Obxectivo: Informar, apoiar e asesorar a persoas desempregadas, nos procesos de procura de emprego, a través de accións que contribúan a mellorar as súas posibilidades de inserción laboral, sobre todo nos colectivos con específicas dificultades para atopar traballo.
Destinado a: Mulleres, mozos e mozas sen cualificación, persoas maiores de 45 anos, persoas desempregadas de longa duración.
Actuacións:
- Difusión dos servizos para a mellora e procura de emprego.
- Creación dun centro de recursos de orientación e información para o emprego.
- Posta en marcha de programas de formación para o emprego, programas experimentais.
- Desenvolvemento de programas de emprego con participación cidadá.
- Elaboración de contidos "on-line" que faciliten a procura de emprego.
Previsión anual
- Entre 500 e 700 beneficiarios e beneficiarias.
- 8 paneis informativos.
- 30 axudas económicas.
- 3 cursos formativos cada ano.
Financiamento: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Fondo Social Europeo.
