Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/personales/vigo002/web02/movemonos/emprego_ornamental.php:2) in /home/personales/vigo002/vieiros/smarty/templates_c/%%0A^0A6^0A6070C4%%vgo_cuerpo.tpl.php on line 3
Obradoiro de Emprego Vigo Ornamental - Concello de Vigo
Escudo Concello de Vigo

Emprego Local

Obradoiro de Emprego Vigo Ornamental

Obradoiro de Emprego Vigo Ornamental

  • Enderezo: Rúa Martínez Garrido 21 interior, baixo. 36205 Vigo. (CERA)
  • Teléfono: 986 266 320
  • Fax: 986 270 702
  • Email: vigoornamental@vigo.org
  • Horario de Oficina: de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas.

Que é?

O Obradoiro de Emprego é un proxecto de formación e emprego promovido desde a Concellaría de Promoción Económica e Emprego do Concello de Vigo e financiado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, o Fondo Social Europeo e o propio Concello de Vigo.

Comezou o 29 de outubro do 2009 co obxectivo de:

  • Rehabilitar a antiga Escola Mestres Goldar.
  • Remodelar un tramo da Avenida Europa.

A quen vai dirixido?

O proxecto diríxese a persoas maiores de 25 anos en situación de demanda de emprego, para favorecer a inserción laboral daqueles que teñen dificultades para acceder a un posto de traballo.

Cal é o obxectivo?

O obxectivo do O.E. Vigo Ornamental é formar ás alumnas e alumnos traballadores, coa finalidade de que adquiran os coñecementos e as destrezas de cada unha das especialidades, dotándoos dos coñecementos teórico-prácticos propios dun oficio e proporcionándolles experiencia laboral a través da realización dunha obra ou servizo de utilidade pública ou interese social, así como as actitudes e comportamentos propios do mundo laboral, todo cunha única finalidade: aumentar as súas posibilidades de inserción laboral.

Organización

O proxecto Vigo Ornamental ten unha duración dun ano, dividido en dúas fases de seis meses.

Neste tempo o alumnado traballador asiste ao taller (de 7:30 a 15:30 horas). O taller ofrece unha formación integral que permite o desenvolvemento global da competencia profesional da persoa.

Durante a duración do proxecto (do 29/10/09 ao 28/10/10) a formación altérnase coa execución do proxecto de obra, estando o alumnado traballador contratado polo Concello de Vigo na modalidade de contrato de formación cunha remuneración salarial do 150% do Salario Mínimo Interprofesional (SMI).

Organigrama

O persoal do taller de emprego está constituído por:

  • Unha directora.
  • Unha titora.
  • Tres expertos docentes, un por especialidade.
  • Unha administrativa.

Ao longo do proxecto contaremos ademais con persoal docente para: educación compensatoria, orientación laboral e xestión empresarial, así como para informática.El personal del taller de empleo está constituido por:

  • Una directora.
  • Una tutora.
  • Tres expertos docentes, uno por especialidad.
  • Una administrativa.

A lo largo del proyecto contaremos además con personal docente para: educación compensatoria, orientación laboral y gestión empresarial, así como para informática.

Datos Estatísticos

Datos estatísticos sobre o alumnado traballador do taller de emprego.

Por idades :

  • De 25 a 29 anos: 2 homes y 0 mulleres.
  • De 30 a 34 anos: 6 homes e 5 mulleres.
  • De 35 a 39 anos: 3 homes e 4 mulleres.
  • De 40 a 44 anos: 5 homes e 0 mulleres.
  • De 45 a 49 anos: 3 homes e 0 mulleres.
  • Mayores de 50 anos: 1 hombre e 1 muller.

Por nivel de estudos:

  • Estudos primarios incompletos ou pendentes de conseguir o graduado en ESO: 8 homes e 2 mulleres.
  • Graduado Escolar: 7 homes e 3 mulleres.
  • ESO ou 2º de BUP: 1 homes e 0 mulleres.
  • Bacharel, BUP, COU: 0 homes e 2 mulleres.
  • FPI, FP Grao Medio: 3 homes e 3 mulleres.
  • FPII, FP Grao Superior: 1 homes e 0 mulleres.

Especialidades Formativas: Obxectivos

As especialidades formativas e os seus obxectivos respectivos desta escola taller son:

Fontanería solar térmica.

Montar, reparar e manter instalacións de auga fría, quente, redes de desaugadoiro e montaxe de aparellos sanitarios, executando os traballos segundo os documentos do proxecto e cumprindo a normativa vixente.

Carpintería Metálica e PVC.

Construír e instalar firmes, balcóns, vallas metálicas, portas e fiestras para vivendas, locais comerciais e naves industriais en aceiro ao carbono, aluminio e PVC. A partir de planos ou medicións en obra,manexando con habilidade os equipos, máquinas e ferramentas de carpintería metálica e respectando as normas de seguridade, así como a normativa de calidade vixente.

Albanelería.

Organizar e realizar os traballos de albanelería, obra de fábrica, cubertas cerámicas e revestimentos con morteiros e pastas, seguindo as directrices establecidas na documentación técnica e cumprindo a regulamentación vixente en materia de prevención de accidentes, seguridade e saúde laboral.