Escudo Concello de Vigo

Emprego Local

Vigo polo emprego da mocidade

Logos empleo juventud

Proxecto Nº 1120 - Proxecto cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e a Garantía Xuvenil

Importe aprobado: 1.048.928,36 €

Número de persoas novas destinatarias: 165

Período de execución: xullo de 2017 a decembro de 2018.

O proxecto Vigo polo emprego da xuventude, xestionado polo Concello de Vigo, dentro das axudas do Fondo Social Europeo, previstas no “Programa Operativo de Emprego Xuvenil (axudas AP-POEJ), destinadas á integración sustentable de persoas novas no mercado de traballo, no contexto do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil”, consiste en establecer unha serie de Itinerarios Integrados de Inserción para as persoas novas na súa contorna de maneira integral, considerando todos os ámbitos que inflúen nos procesos de inserción das persoas (social, laboral, xurídico, participación social, formativo).

Os itinerarios que se establecerán serán individuais e adaptados ás características e necesidades de cada persoa usuaria. Os servizos que se prestarán abarcarán desde o asesoramento personalizado, até a formación de técnicas de procura de emprego e a práctica profesional.

Personas destinatarias del proyecto

O proxecto Vigo polo emprego da xuventude está dirixido a persoas novas (maiores de 16 anos e menores de 30 anos) do Municipio de Vigo e que estean rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Terán preferencia para a participación no proxecto o que pertenza a algún dos seguintes perfís: mulleres, mozos e mozas con discapacidade, poboación inmigrante e/ou persoas paradas de longa duración.

Dentro das actividades relacionadas cos itinerarios de formación personalizados, no marco do proxecto abonaranse axudas/bolsas para as persoas usuarias durante o tempo en que participen na formación específica, nas prácticas profesionais e na formación transversal e/ou complementaria.

Formación que se impartirá

De acordo co aliñamento da Estratexia Española de Activación para o Emprego, a formación que se inclúe no proxecto comprende formación acreditable, establecéndose unha oferta formativa conducente á obtención de certificados de profesionalidade, xa que a súa obtención leva un valor engadido ao posuír unha acreditación oficial recoñecida no ámbito educativo e laboral.

A selección destes itinerarios formativos, baséase na enquisa de empregabilidade realizada dende o Concello de Vigo, na que se detectaron carencias de formación na área de: organización empresarial relacionadas principalmente con xestión de empresas, análise financeira, mercados exteriores e márketing; nas actividades que teñen relación coas novas tecnoloxías, a comunicación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico dos procesos produtivos; e, nas que teñen no sector do turismo; actividades que resistiron mellor a crise e manteñen boas perspectivas de emprego, adaptándose ás novas necesidades dos clientes.

Formación específica:

  • ADGD0210 - Creación e xestión de microempresas (480 Horas)
  • IFCD0110 - Confección e publicación de páxinas Web (480 Horas)
  • HOTR0108 - Operacións básicas de cociña (270 Horas)
  • HOTR0208- Operacións básicas de restaurante e bar (210 Horas)

Todos os itinerarios contarán con prácticas en empresas, o que achega máis ao mundo laboral ao alumnado, cunha formación adaptada conforme ás indicacións das persoas orientadoras, ao longo de todo o proxecto e titorización permanente ao longo da actividade formativa. Para iso, o Concello de Vigo contará cun equipo de profesionais que guiarán ás persoas usuarias e coordinaranse correctamente coas actividades que leven a cabo no proxecto.

Formación transversal e/ou complementaria

A Estratexia de Emprendemento e Emprego Novo cita, entre as principais causas do desemprego xuvenil, o déficit no coñecemento de idiomas estranxeiros, polo tanto pensouse na inclusión no proxecto formativo dun curso longo de inglés, co que capacitar adecuadamente ás persoas novas participantes, e ao mesmo tempo, a Estratexia Española de Activación para o emprego recoñece o potencial das novas tecnoloxías no crecemento e a creación de emprego. Por iso, ademais de incluír un itinerario específico relacionado coas novas tecnoloxías, considerouse oportuno incluír un curso de alfabetización informática, pensado para aquelas persoas usuarias que teñan niveis de formación máis baixo e poidan mellorar as súas capacidades tecnolóxicas.

  • FCOV05 - Comunicación en linguas estranxeiras (inglés) N2, (180 horas)
  • FCOO02 - Sensibilización en la igualdade de oportunidades, (20 horas)
  • FCOI02 - Alfabetización informática: informática e Internet, (25 horas)
  • Marca persoal e busca de emprego (4 horas)
  • Redes Sociais e emprego (8 horas)

Obxetivos do proxecto

1. Ofrecer unha orientación personalizada ás persoas novas viguesas inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e especialmente a aquelas con especiais dificultades, para favorecer as súas posibilidades de inserción sociolaboral.

2. Favorecer integración no mercado laboral das persoas novas inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil a través de prácticas laborais acompañadas da formación específica e transversal adecuada ás súas necesidades, contribuíndo á creación de emprego duradeiro e de calidade, ao desenvolvemento económico e á cohesión económica e social do Municipio de Vigo.

3. Mellorar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a loita contra a exclusión social, a capacidade empresarial, a capacidade de adaptación á sociedade de información e o respecto ao medio ambiente.