Escudo Concello de Vigo

Emprego Local

Imos traballar II

Importe destinado ao proxecto: 1.662.896,87 €

Subvención do FSE:                      1.330.317,50 €

Achega do Concello de Vigo:        332.579.37 €

 

Xestión do "Imos Traballar II"

O proxecto "Imos Traballar II", financiado polo Fondo Social Europeo, ten a finalidade de responder ás necesidades xeradoras de emprego no municipio de Vigo e favorecer a preparación de procedementos de acordo de cara a mellorar o actual Pacto local polo emprego do Concello de Vigo.

Os beneficiarios/as do proxecto serán, os e as demandantes de emprego de Vigo, e de forma particular, quen teña especiais dificultades de inserción no mercado laboral:

  • Persoas mozas menores de 30 anos.
  • Persoas maiores de 45 anos.
  • Parados/as de longa duración.
  • Mulleres e persoas cualificadas en situación de risco de exclusión social ou laboral (inmigrantes, persoas en proceso de rehabilitación ou reinserción, minusválidos/as...), etc,

Ofrecerase unha orientación personalizada, unha valoración das súas competencias profesionais e a oportunidade de cursar formación específica axeitada ao seu perfil e necesidades, xunto coa realización de prácticas profesionais que acompañen á devandita formación, para así lograr a inserción, tanto social coma laboral, dos e das participantes no proxecto.

En colaboración cos axentes sociais de maior implantación en Vigo (sindicatos de UGT, CC.OO. e CIG e organizacións patronais CEP, AJE e APE), impártese formación para 255 desempregados/as durante os anos 2012 e 2013, cunha axuda ou beca de asistencia por importe do 75% do IPREM en:

  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
  • Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais.
  • Operacións básicas de cociña.
  • Operacións básicas de restauración.

Ademais, como apoio a todo o proceso, "IMOS TRABALLAR" conta con novos medios baseados nas novas tecnoloxías, como:

  • Aulas virtuais en PDA.
  • Portal web: achega servizos e centraliza a maior parte das actividades do proxecto.
  • Pode obter información máis precisa sobre as accións formativas, o Pacto Local polo Emprego e outras cuestións de interese no devandito portal.

Accións desenvolvidas durante o ano 2012

Itinerarios formativos rematados 2012:

  • ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS. Impartida pola Confederación Intersindical de Traballadores de Vigo (CIG).
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións socias. Impartida pola Unión General de Traballadores de Vigo (UGT).
  • Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais. Impartida por Comisións Obreiras de Vigo (CC.OO).
  • Operacións básicas de cociña. Impartida por Comisións Obreiras de Vigo (CC.OO).

Accións desenvolvidas durante o ano 2013

Itinerarios formativos 2013:

Atención sociosanitaria a persoas dependentes. Impartido pola Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP).

  • Inicio: 22 de outubro de 2012.
  • Remate: 22 de marzo de 2013.

Operacións básicas de cociña. Impartido pola Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP).

  • Inicio: 22 de outubro de 2012.
  • Remate: 13 de febreiro de 2013.

Operacións básicas de restauración. Impartido pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE).

  • Inicio: 15 de novembro de 2012.
  • Remate: 6 de febreiro de 2013.

Pacto Local polo emprego de Vigo.

Accións desenvolvidas:

XORNADA DE FORMACIÓN DOS E DAS PARTICIPANTES E CONSTITUCIÓN DAS COMISIÓNS INTERSECTORIAIS.

  • Data: 8 de novembro 2012
  • Presentación xeral do proxecto IMOS TRABALLAR2
  • Presentación do Plan de participación do pacto local polo emprego do Concello de Vigo.
  • Presentación do desenvolvemento das distintas comisións de traballo multisectorial, en canto a número de reunións, obxectivos que se deben acadar en cada unha delas e documentos administrativos.
  • Constitución das distintas comisións de traballo multisectorial. Calendario das datas das seguintes reunións e documentación de apoio aos traballos das distintas comisións.
  • 20 e 21 de decembro 2012: 2ª reunións das 7 comisións intersectoriais., nos que se consensuaron os documentos definitivos:

Avaliación inicial.

Análise DAFO.

Priorización de obxectivos.

XORNADA DE BÚSQUEDA DE EMPREGO E ENTREGA DE DIPLOMAS

20 decembro de 2012.

Nº asistentes: 79

Rematada a fase formativa de catro itinerarios formativos, desenvolveuse unha xornada na que se fixo entrega dos diplomas acreditativos da dita formación. Pero neste momento para o alumnado comeza a fase de busca de emprego, é polo que desde a dirección do proxecto desenvolveuse unha xornada técnica que sirva como primeiro paso nesta nova fase.

Para isto contouse coa visión dunha empresa especializada na xestión de recursos humanos, IDAE Consultores, e dúas empresas receptoras desa busca nas áreas nas que se desenvolveron eses itinerarios formativos, Atendo Calidade (en atención sociosanitaria) e Sodexo (en limpeza e restauración).

Ámbas as dúas empresas ofreceron a todas as persoas interesadas, participantes no proxecto “Imos Traballar 2” a posibilidade de presentar os seus currículos para ser incluídas nos procesos de selección das ofertas de traballo que estas empresas están a desenvolver.

A xornada contou na clausura coa participación do concelleiro de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, dos representantes das entidades colaboradoras do proxecto e de Abel Caballero, Alcalde de Vigo que clausurou a xornada e fixo entrega dos diplomas acreditativos ao alumnado participante nos itinerarios formativos rematados.